Por E.P. | Santiago de Compostela | 19/11/2021 | Actualizada ás 18:33
O PP propón nas emendas presentadas aos Orzamentos Xerais do Estado que se inclúa unha partida de 100 millóns de euros para indemnizar os gandeiros afectados polos danos dos lobos.
Así o trasladaron este venres en Muras, un dos concellos que máis ataques rexistra por esta especie, o vicesecretario de Participación, Jaime de Olano; a portavoz do PP na Comisión do Reto Demográfico do Congreso, Carmen Navarro; o deputado lucense no Congreso, Joaquín García Díez; a portavoz do PP neste concello, Eugenia Requeijo, e outros membros do PP local.
Os populares consideran que a decisión de catalgorar a protección desta especie "é un ataque sectario" por parte da ministra, "prexudicando con iso a gandaría", unha das fontes máis importantes para xerar riqueza rural e a economía dos pobos.
Olano defendeu a necesidade de "reverter os nefastos efectos" das decisións da ministra de Transición Ecolóxica, Teresa Ribera, pois é a gandaría a que se ve prexudicada.
Os populares apelaron á responsabilidade dos socialistas para que se somen á demanda, xa que a ministra prometeu 20 millóns con esta finalidade, que "tampouco aparecen por ningún lado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.