Por Galicia Confidencial | Compostela | 17/03/2014 | Actualizada ás 11:49
A Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia vén de abrir dilixencias de investigación (11/2014) para comprobar se as cámaras de NGB non estaban gravando nos últimos 5 anos cara as rúas nas que se atopan as súas oficinas.
NGB tiña declarado que as súas cámaras non gravaban ao exterior --incluso utilizando documentación facilitada pola empresa responsable da seguridade nas súas oficinas-- ao Defensor del Pueblo, á Axencia Española de Protección de Datos, ao Valedor do Pobo e ao Xulgado do Contencioso nº 2 de Santiago de Compostela.
Degundo a asociación Dereitos Civís, durante anos esas Institucións e Autoridades arquivaron distintas denuncias pola gravación indiscriminada das vías públicas --unha acción de vixilancia que está reservadas en exclusiva aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado-- en base ás probas mostradas por NGB, e que certificarían que as súas cámaras cumprirían coa normativa vixente.
"De ser certo ese extremo, e logo de saber que as cámaras de NGB si gravaban a vía pública, o Banco podería ter incorrido en delitos contra o dereito a imaxe e de falsificación de documentos privados", denuncia esta entidade.
A día de hoxe o Valedor do Pobo reabriu o expediente que pechara sobre as cámaras de vídeo vixilancia de NGB e a Axencia Española de Datos está estudando dous expediente novos.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.