Quen é independentista en Galicia?

Os principais dirixentes nacionalistas galegos evitan, abertamente, falar de "independencia". Utilizan sinónimos menos contundentes como "soberanía". Pero que din os seus principios fundacionais?.

Por Xurxo Salgado | Compostela | 19/03/2014 | Actualizada ás 08:00

Comparte esta noticia

Nos últimos tempos e debido ao proceso catalán, a verba "independencia" volveu coller máis forza que nunca. A pesar de que aparece nos documentos políticos das principais forzas políticas nacionalistas galegas, o certo é que moi poucos dirixentes falan, abertamente, de independentismo. Os termos máis utilizados soen ser autodeterminación e soberanía nacional.

Manifestación do BNG na Quintana
Manifestación do BNG na Quintana | Fonte: BNG Flickr

O propio Beiras encendeu a mecha dun debate que lonxe de apagarse ten, aínda, moito percorrido. O histórico líder nacionalista destacou o pasado domingo que "non é viable un estado independente en Galicia", cando menos, polo momento.

"Autodeterminación e soberanía nacional"

Pero que recollen os estatutos dos partidos sobre esta cuestión?. O BNG evita nos seus documentos utilizar a palabra independencia. De feito, entre os principios fundamentais do BNG, aprobados na asemblea fundacional de 1982 e que se manteñen no esencial, sinalase que "Galiza, como nación, ten dereito á autodeterminación e ao exercicio da soberanía nacional". 

Esta afirmación foi ampliada na XIV asemblea nacional na que adican un punto ao proceso "a prol do dereito e capacidade para decidir";

"O BNG quere asegurar que Galiza estea claramente presente no proceso soberanista que se está a abrir noutras nacións sen estado (como Cataluña, Euskadi, Escocia, Irlanda, Quebec...). Temos que erguer novas estratexias coa finalidade de combatermos o centralismo e garantirmos unha presenza activa da Galiza no debate do recoñecemento das nacións no Estado español e na Unión Europea. Consideramos que ese movemento pola soberanía ten que ser un movemento de ampla base social, plural e cun protagonismo central asentado na sociedade, coa unión daquelas persoas que queren construír unha nación con estado propio, cunha perspectiva de longo alcance que fuxa de intereses electorais ou doutro tipo".

A UPG, "independencia orgánica e política"

Pola contra, nos estatutos da UPG, a forza hexemónica do Bloque, si se fala de independencia, aínda que inserida nunha "independencia órganica e política para garantir a liberación nacional". Así, no seu artigo 2 recóllese que:

"A UPG, como partido comunista e patriótico que asume a loita de liberación nacional, ten por obxectivos:

a) O impulso e apoio dunha ampla fronte nacionalista para mobilizar e organizar o noso povo na lopita pola autodeterminación e o exercicio da soberanía nacional.

B A autoorganización do noso povo a nivel político, sindical, asociativo, etc., que implicar a total independencia orgánica e política necesaria para garantir a liberación nacional e social da Galicia...".

Máis contundente é o Movemento ao Socialismo, un grupo escindido do Movemento pola Base (MpB) e que está dentro do BNG. Nos seus "Principios e obxectivos", que recollen directamente do MpB, queda claro que loitan "pola plena soberanía nacional de Galiza, cunha posición independentista, que se ha acadar a través da acción política, de conquistar o dereito de autodeterminación e da construción do poder popular".

Pola contra, xa na órbita allea ao BNG o uso da verba "independencia" é máis directa, sobre todo, na FPG, MpB ou en Anova, o partido que lidera Xosé Manuel Beiras e para quen, polo momento, non se dan as condicións necesarias en Galicia para ser un estado indendente.

"Autodeterminación cara á independencia"

Os Principios Ético- Políticos de Anova recollen un apartado para a "Autodeterminación cara á independencia". "Se o combate pola nosa autodeterminación como pobo, orientada cara a independencia, poderá chegar a algures, se esa actitude suscitará respecto cara nós e os nosos dereitos cívico-políticos. Compre elevarmos o nivel da nosa pacífica e cívica protesta chegando alén das posicións que defenden o actual marco xurídico-político para acadarmos unha solución satisfactoria da nosa reivindicación nacional", recolle este documento.

Unha posición que comparten a FPG e o Movemento pola Base. Así a FPG lembra nos documentos da súa última asemblea que a súa integración en Anova é froito dun "espazo aberto de esquerda rupturista e autodeterminista (autodeterminación camiño da independencia, din os Principios Políticos) que se enfronta a o réxime e ao sistema a partir dunha concepción nova da acción política en contradición coa parálise que a dedicación en exclusiva ao campo institucional imprimiu no nacionalismo autonomista".

Pola súa banda, o Movemento pola Base no seus "principios e obxectivos" aseguran que loitan "pola plena soberanía nacional de Galiza, cunha posición independentista, que se ha acadar a través da acción política, de conquistar o dereito de autodeterminación e da construción do poder popular".

Nós-UP, "independencia nacional"

Tamén Nós-UP adica un punto dos seus estatutos á "independencia nacional" e recolle que "Galiza tem direito à sua autodeterminaçom -direito permanente, inalienável e irrenunciável de todos os povos- a exercitar sem nengum entrave e com todas as garantias do seu cumprimento efectivo. O actual regime jurídico-político espanhol imposto após umha maquilhagem do fascismo nega explicitamente a existência nacional da Galiza e o próprio direito de autodeterminaçom".

Tamén sinala que "a Constituiçom espanhola e o Estatuto de Autonomia som obstáculos ao exercício da soberania nacional d@s galeg@s. Esta há de plasmar-se plenamente quando a Galiza se dotar de um Estado próprio que inclua os territórios irredentos, que regule democraticamente a sua vida política, que dirija racionalmente a sua economia ao serviço das classes subalternas, normalize a sua língua e cultura, e estruture o seu território com base na paróquia e a comarca, rompendo todo vínculo com a opressom espanhola".

"Galeguista, progresista e socialdemócrata"

Quen deixa meridianamente claro que o seu posicionamento non é independentista é Compromiso por Galicia que se declara "galeguista, progresista e socialdemócrata". "Da consciencia desa urxente necesidade nace Compromiso por Galicia, unha organización política que se declara como galeguista, progresista e socialdemócrata, de base plural, comprometida coa xustiza e a igualdade, que se marca como obxectivos principais a defensa dos intereses colectivos de Galicia, da súa identidade e dos seus dereitos, así como a transformación da súa realidade económica, social e cultural, para conseguir o desenvolvemento integral do noso pobo", recollen as súas bases políticas.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 60 comentarios

15 Belém Estebam e Amdreita

O BNG vai ás europeas con Andecha Astur, non hai moito máis que dicir

1 un galego

o BNG vai como BNG as eleccións...non hai máis que dicir, lista

2 Belém Estebam e Amdreita

3 un do BNG

Se pensabas votar ao BNG, podes facelo con total confianza, pois o comprmiso do BNG foi, é e será defender Galiza alí onde sexa preciso. Senón pesabas votar BNG que carall...che importa con quen vaia.

4 Felipe de Xinzo

seguro, o demáis son gañas de liala. as eleccións europeas celebranse cunha CIRCUNSCRIPCIÓN ÚNICA, algo que pactaron PP e PSOE (e que por exemplo IU non protestou), decisión que obriga ás organizacións nacionalistas a "coaligarse" para tratar de conseguir representación, pero, como ben tí sabes seguro, o BNG presentase na Galiza coas súas siglas e nas papeletas de voto tamén, todo o demáis son gañas de liala. En todo caso a Andecha Astur (que non sei que problema ten) vai co BNG e Bildu

5 Belém Estebam e Amdreita

¿Os de Andecha Astur son os que non queren a ensinanza do galego no occidente de Asturias? Carallo, andamos mal de memoria, rapaces...

6 Felipe de Xinzo

querrán preservar o seu dialecto, o BNG vai deixar de ir nesa coalición pola culpa de Andecha Astur, anda, sexamos máis serios

7 rassing

Chamar-lle dialecto ao Asturiano desde un posicionamento nacionalista, ten tela.

8 Un outro

O lóxico sería que o BNG fose co Izquierda Unida? Isto é delirante.

9 XanKaraLlás

Non, se o BNG non é de esquerdas non é lóxico que vaia con Esquerda Unida. Se o fose, si, por aquilo do internacionalismo, ¿sóache a palabra? Claro que para moitos par vos ou faltos de cerebro, cerebelo e bulbo raquídeo hai cousas como facer o "o" cun canuto que teñen a súa dificultade. Ao mellor pensan que máis lóxico sendo de esquerdas é formar gobernos como forma e formou, incluso na Xunta, co PSOE.

10 Un outro sj3n

Izquierda Unida é tan de esquerdas que facilita os gobernos á dereita. Ademáis é tan internacionalista que se pasa de españolidade. Ti si que non semellas ter moito cerebro.

11 Mouch

Sí, sí, somos tan internacionalistas que hemos llegado a la conclusión de que la única patria del obrero es la española. Ollo que a min a estratexia de Beiras e tal paréceme máis que lexítima e está ben iso de meter zapa no eleitorado do psoe españolista. Pero ata aí: lecións de esquerdismo ou ranceadas de franquismo sociolóxico non, por favor. Respeito e fraternidade, que somos galegos e non nos entendemos. E Xankara, compañeiro: na altura bipartida estábamos todos e só faltaban o presos. E non hai que ser politólogo para entender a diferencia entre negociar para formar maiorías de goberno (unha das funcións da política parlamentar) coa formación de listas electorais (onde interveñen as xerarquías e disciplinas de partido). Son cousas distintas, non (se) engane. Desde miña banda, deséxolle sorte á anova nesta andaina. Seguro han ter votos abondos na comunidade.

12 XanKaraLlás

Un outro sj3n: ¿Serías capaz de falar non como un autómata senón como un ser racional? IU en Extremadura non facilita gobernos da dereita. IU de Extremadura abstense á hora de votar presidente da súa comunidade autónoma porque a presunta esquerda (o PSOE) o que quería era un apoio incondicional, sen facer ningunha concesión programática á esquerda, é dicir, o que quería era que IU tragase e lle servise de bastón de apoio e así que IU renunciase ás súas propias ideas e se resignase ao bipartidismo PP-PSOE. IU fixo o que tiña que facer: mandalos á m. E ti vas de moi "radical" e o que estás a facer é criticar a IU por non ter aceptado o bipartidismo. ¿Págache moito o sistema para que o defendas tanto dicindo gili po lleces?

14 comunista independentista

O BnUpG non pode ser independentista, xa que a independencia clausura o nacionalismo. O movemento unitario e plural da esquerda independentista galega é e será Anova.

1 comunista galego

Agardo que lembres todo o que escribes, e dentro duns anos fagas autocrítica. Aínda así, non sei se algúns caeredes da burra. En fin son os ideiais Trosko-Piñeiristas.

2 tin

si, sobre todo con IU

3 Ao comunista manchego

Non é posible ser comunista galego e participar da contaminación ideolóxica estalinista, para eso xa temos os do PCE en Galicia ou os da secta FPG da man dos piñeiristas.

4 Un canto a Galicia Jei

En Anova hai independentistas non practicantes, e marxistas que son socialdemócratas. Non o digo eu, senon o lider.

13 Cabo de Año

Independentismo ven sendo deixar a auto organización ad calendas graecas e coller o que te dean en Madrid que a cousa non está para utopías sectarias e excluíntes.

12 Pazo con criados

O único independentista e mileurista á vez é o Mestre BEIRAS. http://www.lavozdegalicia.es/notici...

1 eueu

Para pazos e criados as nóminas millonárias dos uPPegallos na época do bi-partito (ben partito, por certo) onde as tendas mais chique de Compostela fregaban as mans e os construtores de chalés e lofts estaban encantados cos novos ricos de "ezquerdas".

11 O Pindo

Este é o símbolo do independentismo en Galicia : http://www.lavozdegalicia.es/hemero...

1 Chatarrindo

Se enfadó Popó cuando me subi el sueldo. http://elpais.com/diario/2009/02/25...

2 Tomiño

Non sei se en Tomiño se enfadou BNG_UPG polas subidas de máis dun 20% de salario de alcaldesa e concelleiro do BNG despois das municipais de 2011. Coido que non.