A RAG despide as homenaxes a Xela Arias cun documental

A obra, creada por María Yáñez, será presentada o vindiero xoves no peche do simposio sobre a autora e tradutora.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 23/11/2021 | Actualizada ás 12:17

Comparte esta noticia

A Real Academia Galega clausura este xoves o simposio sobre Xela Arias cun programa centrado no diálogo do poeta con outras artes e o seu labor como editora e tradutora, segundo informa a institución académica. A terceira e última xornada, de entrada libre, desenvolverase a partir das 18,00 horas no salón de actos da institución e poderá seguirse tamén en directo a través da súa canle de Youtube.

O editor Manuel Bragado; a guionista María Yáñez; a xornalista Belén López e a profesora da Universidade de Vigo Ana Lúa son as voces convidadas nesta terceira e última xornada. Ademais, María Yáñez presentará a serie documental Xela Arias. Sériea web, de seis capítulos, é a primeira deste tipo producida pola Real Academia Galega, que lle encargou a realización á produtora Miramemira.

Simposio sobre Xela Arias. RAG
Simposio sobre Xela Arias. RAG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta