16 concellos das provincias da Coruña e Lugo quedan libres da praga da pataca

A Xunta destaca un "avance significativo" na súa contención previa a unha "unha posible erradicación".

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 23/11/2021 | Actualizada ás 16:23

Comparte esta noticia

A Consellería de Medio Rural informa de que un total de 16 concellos das provincias da Coruña e Lugo quedan libres da praga da pataca. En concreto, na Coruña trátase de Cabanas, A Capela, Fene, Ferrol, Neda, Ortigueira, As Pontes de García Rodríguez, As Somozas, Cee e Fisterra. Os concellos lucenses que deixan de ter presenza de couza guatemalteca son Abadín, Muras, Ourol, A Pastoriza, A Pontenova e Riotorto.

Patacas
Patacas | Fonte: COAG.

Este martes celebrouse a comisión de seguimento da couza guatemalteca, onde se observou un "avance significativo" na súa contención previa a unha "unha posible erradicación", segundo informa a Consellería de Medio Rural. Este encontro foi presidido polo subdirector xeral de Explotacións Agrarias, Nicasio Mejuto.

Pola súa banda, son seis os concellos que seguen con presenza de couza guatemalteca nalgunha parroquia concreta ou a totalidade do municipio: Cariño, A Laracha, Arteixo, Muxía, Burela e Trabada.

Así, incorpórase a parroquia da Pedra, no concello coruñés de Cariño. Ademais, son zonas infestadas: as parroquias de Sorrizo e Chamín, en Arteixo; de Lendo e Caión, no concello da Laracha; de Nosa Señora A O, Leis, Muxía, Moraime e Ozón, no concello de Muxía. Na provincia de Lugo, son zonas infestadas: a totalidade do municipio de Burela, así como a parroquia de Trabada, no municipio homónimo.

ZONAS TAMPÓN

No tocante a zonas tampón, de separación con áreas infestadas, pasan a considerarse así a totalidade da superficie dos concellos de Cedeira, Cerdido, Mañón, Moeche, Narón, San Sadurniño e Valdoviño.

Tamén pasan a esta demarcación de zonas tampón as parroquias de Bardullas, Buiturón, Caberta, Couceiro, Frixe, Morquintián, Nemiña, Touriñan e Vilastose, no concello de Muxía; así como unha franxa de 5 quilómetros limítrofe cos concellos infestados que afecta a parcelas dos municipios de Camariñas, Dumbría e Vimianzo.

O mesmo sucede coas parroquias de Monteagudo, Barrañán e Armentón, no concello de Arteixo; Rebordaos, Vilela e Noicela, no concello de Carballo; Cabovilaño, Lemaio e Torás, na Laracha; Cariño, Feás, Landoi e Sismundi, en Cariño.

Na provincia de Lugo, a zona tampón afecta os concellos de Alfoz, Barreiros, Cervo, Foz, Lourenzá, Mondoñedo, Ribadeo, O Valadouro, O Vicedo, Viveiro e Xove. Ocorre o mesmo nas parroquias de Balboa, Fórnea, Ría de Abres, Sante, Vidal, Villaformán e Villapena, no concellos de Trabada.

En todas as zonas tampón, os agricultores deberán comunicar inmediatamente despois de sementar, e en todo caso antes do 1 de abril, todas as parcelas cultivadas con pataca.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta