A Deputación de Pontevedra amplía o programa 'SmartPeme' e asesorará en igualdade e en ciberseguridade

Haberá unha nova carteira de Igualdade, coa que se promoverá o asesoramento para a creación de plans de igualdade, o impulso de accións de igualdade nas pemes, e potenciar o liderado feminino con accións específicas para emprendedoras e profesionais.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/11/2021 | Actualizada ás 16:46

Comparte esta noticia

O programa provincial 'SmartPeme', dirixido pola Deputación de Pontevedra para ofrecer asesoramento e formación en novas tecnoloxías para medianas e pequenas empresas, autónomos e emprendedores, contará con novas carteiras de servizos en ámbitos como a administración electrónica, a ciberseguridade, o emprendimiento, a transición ecolóxica e a igualdade.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este luns, en rolda de prensa, a aprobación do expediente para o novo contrato deste servizo, cun orzamento de licitación de 1,7 millóns de euros, e que contempla a súa ampliación.

Carmela Silva afirmou que esta rede TIC impulsada pola Deputación desde o ano 2016 converteuse nunha "referencia para todo o tecido empresarial da provincia e de Galicia", como mostran os 11.603 asesoramentos realizados, as 1.740 empresas atendidas ou os case 2.000 talleres de formación con preto de 17.500 asistentes. Tamén se puxeron en marcha aceleradoras de comercio e turismo e impulsouse a promoción do Terceiro Sector.

O novo contrato de 'Smartpeme', que se prevé que entre en vigor en febreiro, sumará ás actuais carteiras de servizo outro cinco novas accións. Unha enfocada á administración electrónica, a ciberseguridade, unha nova liña a facilitar toda a información ás persoas sobre o emprendimiento, outra ao redor da transición ecolóxica e centrada na economía circular vinculada á sustentabilidade.

Finalmente, haberá unha nova carteira de Igualdade, coa que se promoverá o asesoramento para a creación de plans de igualdade, o impulso de accións de igualdade nas pemes, e potenciar o liderado feminino con accións específicas para emprendedoras e profesionais.

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, en rolda de prensa.. DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta