División entre os economistas galegos ante a suba de prezos: débesen baixar os impostos?

Un 55% dos membros do Consello Galego de Economistas defende reducir tributos.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 30/11/2021 | Actualizada ás 14:25

Comparte esta noticia

O 51% dos economistas galegos cre que a inflación durará máis tempo do previsto e as autoridades monetarias deberían tomar medidas para controlala, segundo recolle o barómetro do segundo semestre do Consello Galego de Economistas. A maioría os profesionais do catro provincias opinan que a alza de prezos non será tan curta como vaticinan as autoridades monetarias e os entrevistados de Pontevedra son os máis rotundos (67,8%), seguidos de Lugo (53,49%), Ourense (48,72%) e A Coruña (39,07%).

Pola contra, os enquisados de Lugo (39,53%), A Coruña (39,07%), Ourense (20,51%) e Lugo (17,8%) consideran que se trata de "un novo ciclo de subidas de prezos, aínda que non será preocupante". Esta posición suma unha media dun 29,9%, mentres que un 19,1% pensa que a situación orixinada pola inflación será "puntual e pasaxeira, froito da saída da crise sanitaria".

O presidente do Consello Galego de Econosmitas, Miguel Vázquez Taín; o director da publicación, Venancio Salcines e a coordinadora do equipo de investigación, Beatriz López Bermúdez, presentaron este martes o documento en rolda de prensa. Respecto á inflación, Venancio Salcines precisou que esta "modérase se se cre que se modera", pola influencia da opinión pública na evolución dos prezos.

Pola súa banda, Vázquez Taín estimou que "esta inflación será conxuntural" pero recoñeceu que "esta conxuntura pode acompañar uns meses máis". Así, apelou a ter en conta os efectos desa "segunda rolda" xa non tanto ao lado do consumo senón polo das negociacións salariais, do mesmo xeito que Salcines constatou que "vai haber conflitividade laboral froito desta situación".

REACTIVACIÓN

Por outra banda, o barómetro tamén recolle que un 55,27% dos preguntados considera que a recuperación económica debe apoiarse cunha baixada de impostos que sanee as contas públicas e impulse o investimento privado. Un 23,36% é partidario dunha subida de impostos "para sanear as contas públicas e impulsar o investimento público". O 74,42% dos profesionais de Lugo, o 56,29% da Coruña, o 50% de Pontevedra e o 46,15% de Ourense optan pola baixada impositiva.

Outro apartado do documento refírese a como debe actuar a Xunta e son máis numerosos (46,58%) os que consideran que o Goberno galego debe fortalecer o seu papel mediante a inxección de gasto público para liderar a recuperación. Mentres, o 36,61% é partidario de aplicar "unha axenda liberal que promova que o investimento privado sexa o motor real do crecemento" e un 16,81% opina que a acción da Xunta debe seguir como ata agora.

Presentación do barómetro de economistas galegos. CONSELLO GALEGO DE ECONOMISTAS
Presentación do barómetro de economistas galegos. CONSELLO GALEGO DE ECONOMISTAS | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta