O conselleiro de Economía, Miguel Corgos, foi o encargado de explicar esta modificación, que o presidente da Xunta "xa tiña na mesa o ano pasado, cando se aprobou esta medida" desde o Goberno de Pedro Sánchez.
  comenta   0
"Temos a presión fiscal máis baixa das cidades de Galicia", insistiu Caballero, que a cifrou en 532 euros por habitante, fronte aos 568 euros da Coruña ou aos 612 euros de Santiago. "Os nosos impostos son baixos comparados cos dos demais municipios", engadiu o rexedor.
O presidente da Xunta tacha de "mentira" que se condone a débeda tamén ás outras comunidades nas mesmas condicións. Desde Lugo, vincula ao "gran negociador" Gómez Besteiro co acordo entre PSOE e ERC.
A ministra de Hacienda di que non existen argumentos para "facer unha valoración negativa" do imposto "nin moito menos de como afecta ao propio funcionamento das empresas".
  comenta   0
En concreto, a gasolina baixou un 0,45 % con respecto a fai sete días, para situarse nos 1,751 euros, afastándose así do máximo anual ao que escalara a pasada semana (1,759 euros). O diésel encadeou xa a súa décimo terceira semana consecutiva de subidas, cun encarecemento do 0,11 % na última semana, para alcanzar os 1,687 euros o litro, un nivel que non marcaba desde finais de xaneiro
  comenta   0
Corgos admite que se debe "mellorar" o estudo dos efectos das deducións tras os reproches do Consello de Contas, nunha lexislatura cun aforro de 1.300 millóns para os galegos.
  comenta   0
Teño o convencemento de que os mellores activos que ten agora e de futuro As Pontes son os traballadores/as e os recursos hídricos. Falarei da auga porque é moi necesario unha bo xestion desta riqueza e racionalizar o seu uso en calquera proxecto industrial que remate asentando neste territorio e ter moito coidado coa creación de falsas expectativas nos titulares dos medios de comunicación, en relación coas promesas dunha nova reindustrialización. Un sinxelo exercicio basta para facer a comprobación e que non nos vendan "gato por lebre".
  comenta   0
O presidente de Abanca avisa que o imposto á banca "penaliza o crédito e a competitividade" nun coloquio con responsables de Iberdrola, IAG e Deloitte.
  comenta   0
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a tenente de alcalde, Eva Villaverde, recibiron este luns a unha nova delegación estranxeira como parte do Proxecto 'AcessoCidades: cidades máis accesibles e conectadas'.
  comenta   0
Con 9,8 millóns recadados por Facenda, Galicia é a terceira comunidade con maior aportación. O imposto de solidariedade ás grandes fortunas afecta aos patrimonios netos superiores a 3 millóns de euros, devéñase o 31 de decembro de cada ano e a presentación da declaración prodúcese entre o 1 e o 31 de xullo. Facenda lembra que este imposto estatal ten carácter temporal, pois se deseñou para os exercicios 2023 e 2024.
  comenta   0
Cre que a concentración do PP en Madrid demostra que saben que a investidura "está condenada ao fracaso". En referencia ao proceso de amnistía a nacionalista puntualizou que "son procesos legais" que forman parte da historia de todos os países democráticos e o que buscan "darlle solucións políticas a problemas políticos".
  comenta   0
A compañía, que acumula unha revalorización do 40 % no que vai de ano, rexistrou un beneficio neto de 2.513 millóns de euros durante o primeiro semestre do seu exercicio fiscal 2023-2024 (entre o 1 de febreiro e o 31 de xullo), o que supón un incremento do 40,1 % respecto ao mesmo período dun ano antes.
  comenta   0
Aumentou as vendas un 40% no primeiro semestre pero descendeu un 1,63% en bolsa. O conselleiro delegado destaca a importancia das ventas online e das ventas físicas.
  comenta   0
O portavoz nacionalista no concello, Xabier Pérez Igrexas, criticou a intención do goberno local de obrigar ao pago dunha cota a persoas usuarias do Servizo de Axuda non Fogar (SAF) con ingresos inferiores ao IPREM, e demandou manter a gratuidade deste servizo.
En realidade chamábase María Soliño e tras quedar viúva pola morte do seu marido a mans dos corsarios beberiscos que invadiron Cangas no século XVII, era unha muller adiñeirada desprotexida ante os desexos de poder e riquezas do clero.
  comenta   0
Debo recoñecer estimado Igual Terámenes, que ás veces este pobo emocióname vivísimamente ao lembrar os ensinos dos nosos sacerdotes mestres na Academia. Cando eramos nenos, lembras amigo, como nos inmortalizaban nas nosas almas “non son os ollos os que ven, senón o que nós vemos por medio dos ollos”. Educáronnos como hómoioi na axuda mutua, e na Dilixencia como prontitude de ánimo para facer o ben.
  comenta   0
O prezo de ambos os carburantes consolídase amplamente por encima dos niveis aos que ascendían antes do estalido da guerra de Ucraína pola invasión rusa que comezou o 24 de febreiro de 2022 e que, no caso do diésel, era de 1,479 euros por litro, e, para a gasolina, de 1,594 euros por litro.
  comenta   0
As pintadas en pórticos da catedral, comportamentos incívicos por parte de turistas na Praza do Obradoiro, masificación irrespectuosa coa convivencia coa veciñanza da cidade e incumprimento dos regulamentos de tráfico urbano. Son só uns poucos puntos do catálogo que ofrecen asociacións de veciños para unha taxa turística. O Concello de Santiago remitiulle á Xunta unha proposta de gravame sobre estadías turísticas ante a presión de visitas e a pegada que deixan na cidade.
  comenta   0
Obtivo un beneficio neto de 36,12 millóns de euros no primeiro semestre deste ano, segundo datos non auditados remitidos pola compañía á Comisión Nacional do Mercado de Valores (CNMV).
  comenta   0
Tamén piden modificar a regulación urbanística para que se permita vivir en baixos comerciais, empezando primeiro polos barrios de Conxo e Santa Marta.
  comenta   0
O deputado do BNG Luís Bará esixiu este luns a Alfonso Rueda que exerza como presidente da Xunta e non como "delegado do PP" para defender os intereses de Galicia no debate aberto sobre o financiamento autonómico.
  comenta   0
Lage denuncia que Rueda "afoga concellos e sobe impostos a veciños", con municipios con recibos "inasumibles" de 200.000 euros por cuadrimestre. Ethel Vázquez recorda que son os concellos os que fixan os recibos da auga.
  comenta   0
O conselleiro de Facenda sinala que é un "elemento nuclear" do financiamento autonómico e demanda que se negocie de forma conxunta, non "bilateral".
  comenta   0
Estimado amigo. Envíoche compilacións coas constitucións que teñen nestas terras. Atendendo ao pensar de Aristocles (aquí coñéceno polas súas anchas costas e chámanlle “Platón”), os asuntos transcendentales están polo pronto en mans do pobo pouco formado e fácil de sugestionar.
  comenta   0
A Xunta ingresa 100.000 euros menos en 2022 a pesar dos numerosos plans eólicos aprobados. O imposto mineiro sobe un 12,7%.
  comenta   0
Entre elas reclama o corredor atlántico, a conexión á rede de hidróxeno, os 'Perte' e medidas para a pesca
  comenta   0
Factura 1.428 millóns de euros e o seu equipo humano crece ata os 8.216 profesionais en 2022.
  comenta   0
Conde explicou que coa chegada de Feijóo á presidencia están convencidos de que "achegará unha confianza no empresario"
  comenta   0