Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/11/2021 | Actualizada ás 18:31
O brote rexistrado na residencia de anciáns Irmáns Prieto, situada no concello ourensán do Carballiño, atópase controlado e mantén o número de casos detectados entre usuarios e traballadores.
As tarefas de cribado realizáronse durante a mañá do luns, seguindo o protocolo para estas situacións e despois de que a semana pasada se detectaran tres casos entre os residentes tras contaxiarse unha traballadora do centro.
O resultado é que a situación se mantén estable: non hai novos positivos e os tres residentes que deran positivo teñen a pauta completa de vacinación, así como a terceira dose de reforzo, e continúan asintomáticos.
Desde o centro trasladan, así, que o brote permanece controlado e a situación "está a evolucionar ben, manténdose as medidas" cos tres únicos residentes positivos illados, mentres que o resto de maiores continúan facendo vida normal.
Con todo, polo momento, mantéñense as decisións tomadas, están restrinxidas as saídas e entradas e non se aceptan visitas ata novo aviso.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.