A Xunta quere convencer aos concellos para potenciar a enerxía eólica "compatible" co sector primario

Lembra que desde xaneiro haberá unha moratoria de 18 meses para poder tramitar os 275 expedientes que ten agora mesmo sobre a mesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/12/2021 | Actualizada ás 21:54

Comparte esta noticia

O vicepresidente económico, Francisco Conde, defendeu, durante unha reunión coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), a necesidade da cooperación institucional entre a Administración autonómica e os concellos, no desenvolvemento da enerxía eólica, "buscando que sexa compatible coa protección do medio ambiente e das actividades do sector primario".

Así, co obxectivo de realizar unha planificación ordenada que permita "achegar seguridade xurídica aos proxectos eólicos e respectar o medio natural", a Xunta lembra que, a través da lei de medidas fiscais e administrativas que acompaña aos orzamentos do 2022, establecerá a partir do próximo mes de xaneiro unha moratoria de 18 meses para poder tramitar os 275 expedientes que ten agora mesmo sobre a mesa e que suman 7.200 MW.

Esta norma incluiría aos proxectos de tramitación autonómica, parques de menos de 50 MW, exceptuando aqueles proxectos que teñan unha clara incidencia territorial pola súa entidade económica e social, posúan unha función vertebradora e estructurante do territorio e sexan declarados como tal polo Consello. Ao mesmo tempo, non impedirá a modificación dos proxectos xa admitidos a trámite.

LIMITACIÓN NA DISTANCIA DOS AEROXERADORES

Na mesma liña, Conde lembrou na reunión que a lei de medidas tamén acorda unha nova limitación na distancia dos aeroxeradores con respecto aos núcleos de poboación, pasando dos 500 metros actuais a unha distancia que se calculará multiplicando por cinco a altura do aparello; é dicir, nun eólico de 200 metros, a distancia con respecto ás vivendas será dun quilómetro.

"Todos os proxectos que se poidan levar a cabo en Galicia seguirán contando con todas as garantías técnicas, xurídicas e ambientais, e cumprindo a máxima de que tramitar non é o mesmo que autorizar", destacou Conde, á vez que lembrou a imposibilidade de implantar parques eólicos fóra das áreas incluídas no Plan sectorial eólico, así como nos espazos da Rede Natura.

Parque eólico de Greenalia en Vimianzo / Greenalia. / Europa Press
Parque eólico de Greenalia en Vimianzo / Greenalia. / Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta