Citas na recta final do Outono Códax Festival

Esgotadas as entradas para Theo Lawrence, este venres 3 de decembro, cómpre prepararse para os vindeiros concertos que irán pechando a edición deste ano.

Por X.M. Fernández | Santiago de Compostela | 02/12/2021 | Actualizada ás 21:00

Comparte esta noticia

A programación do Outono Códax Festival comeza o mes de decembro co que a organización denomina como “delicatesen”. Entra en escena o francocanadense Theo Lawrence, un músico que fará gozar ao público da compostelá Sala Riquela cos seus sons country, pop, rockabilly e soul “deixando un aroma a Nova Orleans e mesmo compases de tex mex”. O concerto será ás 21:00 h. e as entradas esgotáronse xa o mércores.

Aurora Nealand & The Royal Roses
Aurora Nealand & The Royal Roses | Fonte: Foto cedida organización.

Poñendo a vista na programación que resta, temos por diante o concerto do xoves 9, no que actuará o galego Néstor Pardo; a espectacular sesión  do venres 10 coa presenza na Sala Capitol de tres grandes bandas: Big Daddy Wilson, Aurora Nealand & The Royal Roses e Tom Sancton; e o remate do ciclo, o sábado 11, coa actuación dos galegos The AllnightWorkers (Nola Ed). No caso destes últimos, e como curiosidade, o Outono Códax reunirá á banda, dez anos despois da súa disolución.

NÉSTOR PARDO

Chega Néstor Pardo ao Outono Códax 2021 para presentar a, quen sabe se última, reinvención do seu proxecto persoal. Finiquitado o proxecto de PARDO, o músico retoma o seu nome completo para comezar un novo camiño influenciado pola música africana, os espirituais e o gospel.

En xaneiro de 2021 publicou o primeiro single desta nova etapa, “Hai que saber esperar”, un tema gravado na corentena na súa propia casa, a través de maquinas antigas de cinta reel to reel, en absoluto directo coa súa guitarra, a súa voz e as súas botas como único acompañamento.

Máis información do artista na web da organización.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta