Por GCAgro | Santiago de Compostela | 28/03/2014 | Actualizada ás 18:00
O pasado venres celebrouse o Día Mundial da Ábores. Unha semana despois rescatamos un interesante estudo do ex-profesor de Xeografía Física da Universidade de Santiago, Luis Guitián Rivera sobre "La destrución histórica del bosque en Galicia". O estudo abrangue até finais do século XIX.
Velaquí un resumo:
Comezos do proceso de deforestación:
O proceso de deforestación en Galicia comezou hai uns 5.500 anos, cando se detectan
nos análises de pole a presenza de incendios recorrentes para obter pastos para o gando. Sen embargo non é ata hai entre 3000 e 2.500 anos cando se produce a primeira gran deforestación dos bosques en Galicia que, continuará ata a actualidade polo incremento da poboación e das actividades agrícolas e gandeiras que van parellas. A chegada dos romanos, extendeu a deforestación ás zonas chans e baixas, onde se asentaban as villas romanas.
Recuperación forestal trala caída do Imperio Romano:
Entre os anos 400 e 750 da nosa era prodúcese unha recuperación forestal en Galicia coincidindo coa caída do Imperio Romano e as invasións xermánicas, unha longa crise que paralizou o progreso da deforestación durante varios séculos.
Expansión agrícola da Idade Media:
Porén, no período 750-1300 despois de Cristo prodúcese a chamada "expansión agrícola medieval" que da lugar a un longo período de redución do espazo ocupado polos bosques en Galicia como reusltado da ampliación do espazo cultivado e o crecemento da poboación. Ten o seu momento culminante nos séculos XI e XII coincidindo co que os climatólogos chaman o "Óptimo Climático Medieval", unha fase de clima cálido e benigno que favoreceu a expansión agrícola. É o momento da expansión dos mosteiros en Galicia, que tiveron un papel clave na ocupación dos canos do Miño e do Sil e das zonas montañosas, coa conseguinte deforestación.
Crise da Baixa Idade Media e recuperación das masas arbóreas:
-A recuperación forestal da Baixa Idade Media 1300-1.450. As terras de cultivo gañadas nos séculos anteriores comezan a dar mostras de esgotamento e baixan os rendementos. Abandonanse as terras pouco fértiles, ocupadas no momento de máxima presión demográfica. Coincide cun momento de crisis civís (Revoltas Irmandiñas) e coa chegada da Peste a Europa. Daquela, o incendio períódico do monte para rexenerar os pastos seguia sendo haibitual en toda Galicia. Ata o punto de que o Foro de Santiago de Compostela de 1.252 ordeaba tallantemente ".....que nengun ponga fuegto para quemar los montes, et a los que lo fallaren faciendo, quel echen dentro".
Fins do século XIX, máxima deforestación do territorio galego:
--1.450-1850. Consolidación da paisaxe arbustiva. O proceso de diminución da superficie forestal galega non se detén ata mediados do século XIX, momento no que as árbores chegan a ocupar a súa menor extensión ao longo da historia do territorio galego. Continúa a deforestación do bosque galego a un ritmo maior, parello ao incremento da poboación galega que pasar de entre 750.000 e 800.000 habitantes a finais do século XVI a arredor de 1.400.000 dous séculos despois.
DESCARGA AQUÍ O ESTUDO COMPLETO.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.