Lidia Senra será a candidata de Anova nas europeas

Obtén o 85% dos apoios nun proceso no que participou preto do 50% da militancia. O outro posto será ocupado por Carlos Lorenzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2014 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Lidia Senra, a candidata do sector oficial de Anova e cuxa candidatura xa lanzou Xosé Manuel Beiras hai un mes, será a candidata desta formación ás eleccións europeas do vindeiro maio.

Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas
Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas | Fonte: Galiciaanocero.tv

 

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego saíu elexida co 86% dos votos nun proceso no que participaron o 47% dos militantes, fronte ao 70% que o fixeron no anterior referendo para elexir o aliado de Anova nas europeas. 

 

Precisamente, esta menor participación débese á que parte do sector crítico de Anova non tomou parte neste proceso. De feito, a participación dalgunhas asembleas foi moi baixa con respecto á anterior votación. Segundo as fontes consultadas o motivo de que este sector se abstivera tivo que ver co que consideran un "dedazo" de Beiras.

Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS
Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS

 

Con todo, Lidia Senra recibiu 419 votos, "unha cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas", suliñou Anova nun comunicado.  "Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída", engade.

Retirada de tres candidatos

E é que a retirada de tres candidatos, considerados do sector crítico, Luis Eyré Diéguez, David Balado rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez, deixou orfa ao sector enfrontado aos oficiais. Renunciaron ao proceso aducindo "intentos de censura", "irregularidades na xestión das convocatorias internas" e, sobre todo, a posibilidade de diverxencias entre os seus simpatizantes por aspirar a un posto e un pacto co que non concordan. 

 

Coa retirada destes tres candidatos eran sete os que competiron nu proceso aberto a toda a militancia que se celebrou este domingo. Trátase de Ana María Vidal Vizoso, Eduardo García Santiago, Julio Villanueva, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial.

 

Finalmente, será Carlos Lorenzo, de Ourense, o que acompañará a Lidia Senra na lista que Anova compartirá con Izquierda Unida. Sacou 91 votos. "Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso", conclúe esta organización nun comunicado.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

42 undevijo

Lendo os comentarios de aquí abaixo é moi doado de entender por que o bng vai desaparecer...non respetan a ninguén que non sexa da sua (triste) secta de liberados....

41 Merin

Vamos a ver, traballei con Lidia Senra ata o ano 2002, concretamente no SLG, e teño que decir, que cando cheguei o SLG tiña un concepto de Lidia Senra como se fose a Pasionaria, pero pasado un tempo descubrin cousas que son patéticas. No congreso do ano 2007 expulsou a toda persoa que non apoiou a súa lista, utilizando métodos como o acoso laboral denunciado por sindicalistas da CIG, e xa non digamos o caso da abogada de Lugo que a despediu por estar casada cun abogado da CIG, hai burofax que o podemos mostrar. Igualmente me parece bochornoso que a dia de hoxe o SLG montara una sociedade SAC, que ten varios locais o seu nome, e sabedes quen é un dos socios desta sociedade MIGUEL MENDEZ, o actual compañeiro sentimental de Lidia Senra, Se isto o fai ASAJA, é una brutalidade, se o fai Lidia como se pode definir? E que conste que non son nen do BNG nen da UPG, nas últimas eleccións votei Beiras, hoxe probablemente vote a Bildu, pero non o BNG.

1 Fruga, fruga, que algo queda

"Hoxe probablemente vote a Bildu, pero non o BNG". Esa gustoume, machiño. Eu non coñezo a Lidia Senra e vou facer parecido a ti pero en galego: vou votar AGE, non IU. Máis que nada porque quero un voto para que unha galega nacionalista e de esquerdas nos represente sen migallas, a tempo completo.

40 galeguista de direitas

Ontem vim a entrevista a Lidia Senra em Via V, e a verdade é que a candidata de IU na Galiza pareceu-me de um discurso mui básico. Parecia ancorada nos anos 70. Só tinha duas ou três frases que repetia para todo, sem argumentar nada as afirmaçons: soberania alimentar, classes populares e capitalismo. A pobre recebeu umha malheira dialética por parte dos contertúlios. Se isso é o que levamos a Europa para defender os interesses galegos, valha-me Deus ! Polo menos Ana Miranda é umha pessoa preparada.

1 Xistral

Ana Miranda está a anos luz pero o triste é que os nacionalistas esteamos tirándonos pedradas todos os días entre nós.

2 Galeguistasenremexer

Pero que valorados están os bufóns nesta corte! Agora chámanlles contertulios. Patético un país onde os medios de comunicación mércanse ata o punto de poñer a catro bufóns coma Tellado, Bastida, Barreiro ou Valdés a xogar as monecas mentras o invitado de turno (seguramente porque non hai medios de comunicación que siquiera SIMULEN imparcialidade ) tenta deixar a súa mesaxe entre as paifocadas dos "contertulios". Coñezo medios máis válidos en CALQUERA país de Hispanoamérica. A Imaxe que deixan estes medios polo mundo adiante non pode ser máis deleznable.

3 Galeguista_sr

Dime algo que aportaran de novo os bufóns que acabo de nomear (algún deles di que da clases na universidade). O único que fan e MENTIR, como fixo Barreiro Rivas falando do sector lácteo galego, CALUMNIAR, como fixo Valdés falando da defensa do galego e insultando a Beiras cando non se podía defender, por non estar alí... e falar catro obviedades, con exemplos incluídos do parlamento británico. Por principio, un programa imparcial ten representantes en proporcións iguáis das ideas que se expoñen, nese programa hai CATRO representantes españolistas contra un galeguista ou dous SEMPRE, proporción de tres a un no caso da esquerda. Xamáis se amosa máis que unha visión parcial. O dito: Patético e deleznable (e vergoñento que o poidan ver fora de Galiza).

39 Anova seita

De que vos estrañades? Algunhas fan vudú e outros, membros da COORDINADORA NACIONAL de Anova, queiman xornais en galego: http://www.cousasdeimeneo.net/wp-co...

38 Anticonsumismo

Isto é patético. A UPG defendendo a Big Pharma,as multinacionais da industria farmaceutica,para atacar a Lidia Senra.

1 Irresponsable

Si as vacunas son un invento da UPG e da grande industria farmacéutica. Viva Lidia Senra que combate contra o mal. Non se poden facer bromas coa retirada de avances cientificos. Pon en perigo vidas. Irresponsables.

2 rassing

Irresponsable, pero poderei eu decidir sobre a miña saude e a miña vida, non si?. Ou es dos que cren que o Estado ten que decidir todos os aspectos das nosas vidas xa que somos meniños mentais?

3 Untu de Osu

Ti tes dereito a infectarte de SIDA ou tuberculose pero non tes dereito a andar espallando eses males por aí aos demais. As vacinas son o maior avance da humanidade. E algúns sodes como o Aznar, se non estades a favor de min estades en contra. Criticar a Lidia non significa automaticamente estar a favor das multinacionais. A túa saúde moitas veces influe nos demais. Nun sitio como USA onde a liberdade individual é sagrada, se colles por exemplo tuberculose hai un seguimento impresionante teu e de todos os que estiveron en contacto contigo, o protocolo de actuación é moi superior ao deste país do Terceiro Mundo onde nos toca vivir.

4 Untu de Osu

Ti tes dereito a infectarte de SIDA ou tuberculose pero non tes dereito a andar espallando eses males por aí aos demais. As vacinas son o maior avance da humanidade. E algúns sodes como o Aznar, se non estades a favor de min estades en contra. Criticar a Lidia non significa automaticamente estar a favor das multinacionais. A túa saúde moitas veces influe nos demais. Nun sitio como USA onde a liberdade individual é sagrada, se colles por exemplo tuberculose hai un seguimento impresionante teu e de todos os que estiveron en contacto contigo, o protocolo de actuación é moi superior ao deste país do Terceiro Mundo onde nos toca vivir.

5 rassing

Ou sexa, defendes que o Estado decida por min. E se apostas por eso, (e como non representas nen ao 1% dos membros dese Estado), e como es consecuente contigo mesmo, apoias tamén a reforma do aborto do Gallardón, a proibición de facer augardente caseira, o uso dos trasxénicos, a proibición de todas as drogas, estás en contra da "morte digna", etc... porque os individuos non estamos capacitados para tomar decisións sobre a nosa vida e a nosa saude e o papa estado ten que faze-lo por nós. Pois ti pensaras eso, mas eu defendo o dereito das persoas a decidir sobre a sua vida, e a sua saúde, e como queren face-lo.

6 Untu de Osu

rassing non entendiches nada e ademais tes un cacao mental impresionante. Non digo que o Estado teña que decidir por ti, pero se o que fas é malo para o resto da sociedade algo haberá que facer digo eu. Os exemplos que pos non teñen relación entre eles. Poido estar a favor (de feito estou) da morte digna, pero o de facer augardente caseira xa é máis discutible posto que debe haber certas garantías sobre todo se a vendes a outros ou non...? E con respecto á saúde xa dixen que podes facer o que queiras pero se iso é negativo para os demais pois hai que pararche os pés, xa cho digo ti podes estar tuberculoso e estar orgulloso de morrer diso pero non tes o dereito, nese caso, de andar espallando a enfermidade por todo tipo de locales públicos. E sí, estou en contra dos transxénicos, pero tamén estou en contra dos que pensan que como son libres de decidir todo sobre a súa persoa tamén están libres das consecuencias que poidan ter sobre os demais

7 rassing

Todo o que dixen é o mesmo: As persoas teñen dereito sobre a sua própria vida ou non. Así de simple. O non vacinar-se é unha decisión persoal e afectache a ti, non se obriga aos demais a que o fagan, do mesmo xeito que non se pede un aborto obrigatório, nen que só se consuman augardentes caseiros, nen que haxa eutanasia obrigatoria. Son todas decisións persoais. Mira que non hai cousas para criticar-lle á Lidia con mais fundamento. Pedir a liberdade sobre a vida, a saude, etc... de un mesmo, tamén imprica a responsabilidade das próprias decisións, parvos insensatos hainos en todos lados, incluso no nacionalismo.