Lidia Senra será a candidata de Anova nas europeas

Obtén o 85% dos apoios nun proceso no que participou preto do 50% da militancia. O outro posto será ocupado por Carlos Lorenzo.

Por Galicia Confidencial | Compostela | 30/03/2014 | Actualizada ás 20:22

Comparte esta noticia

Lidia Senra, a candidata do sector oficial de Anova e cuxa candidatura xa lanzou Xosé Manuel Beiras hai un mes, será a candidata desta formación ás eleccións europeas do vindeiro maio.

Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas
Lidia Senra, candidata de Anova nas europeas | Fonte: Galiciaanocero.tv

 

A ex secretaria xeral do Sindicato Labrego Galego saíu elexida co 86% dos votos nun proceso no que participaron o 47% dos militantes, fronte ao 70% que o fixeron no anterior referendo para elexir o aliado de Anova nas europeas. 

 

Precisamente, esta menor participación débese á que parte do sector crítico de Anova non tomou parte neste proceso. De feito, a participación dalgunhas asembleas foi moi baixa con respecto á anterior votación. Segundo as fontes consultadas o motivo de que este sector se abstivera tivo que ver co que consideran un "dedazo" de Beiras.

Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS
Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS Martiño Noriega, Lidia Senra e Xosé Manoel Beiras / MS

 

Con todo, Lidia Senra recibiu 419 votos, "unha cifra superior á obtida pola opción 1 –ir en coalición coa esquerda federal- no referendo relativo ás alianzas", suliñou Anova nun comunicado.  "Con este resultado, unha líder campesiña podería chegar ao Europarlamento, pois Lidia irá no posto 5 da lista de coalición na circunscrición única, condiderado un posto de saída", engade.

Retirada de tres candidatos

E é que a retirada de tres candidatos, considerados do sector crítico, Luis Eyré Diéguez, David Balado rouco e Xosé Miguel B. Rodríguez, deixou orfa ao sector enfrontado aos oficiais. Renunciaron ao proceso aducindo "intentos de censura", "irregularidades na xestión das convocatorias internas" e, sobre todo, a posibilidade de diverxencias entre os seus simpatizantes por aspirar a un posto e un pacto co que non concordan. 

 

Coa retirada destes tres candidatos eran sete os que competiron nu proceso aberto a toda a militancia que se celebrou este domingo. Trátase de Ana María Vidal Vizoso, Eduardo García Santiago, Julio Villanueva, Xoán Manuel Rodríguez, Carlos Lorenzo e Francisco Javier Rial.

 

Finalmente, será Carlos Lorenzo, de Ourense, o que acompañará a Lidia Senra na lista que Anova compartirá con Izquierda Unida. Sacou 91 votos. "Dende Anova-IN queremos resaltar a normalidade da xornada e a radicalidade democrática do proceso", conclúe esta organización nun comunicado.

 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 94 comentarios

37 A polo soldo

A antivacunas non ten por que cobrar so 1000 euros... ¡¡¡porque non é militante de Anova!!!! JAJAJAJ

1 eusi

Sodes patéticos: para soldos milionarios os dos uPPegallos que gastaban a esgalla nas tendas VIP de Compostela durante o bipartito-bicéfalo

2 Somos Divinos

Eu coidaba que en Santiago as tendas vip son as santerías e as que frecuenta a alta intelectualidade de Galiza Confidencial

36 AdianteLidia

Adiante Lidia Senra! Adiante Anova!

1 galeguista de direitas

Adelante, Izquierda Unitaria !

35 Coruñés

Determinados comentarios contra Lídia son claramente ofensivos, aqueles que usan determinadas palabras que o fagan mirar. Dito isto non vin ninguen que fixese unha defensa de Lidia reafirmandose no nacionalismo. Lidia neste momentos pode ser unha nacionalista ou galega de corazón, pero en termos políticos está facendo españolismo. Sin animo de ofender so podo constatar que Beiras é un navegante que a cada travesía que fai empeza de novo con xente nova e curiosamente sempre deixa a un lado os seus, poderiase dicer que non construiu equipo, foi destruindo equipos.

1 Antonio

O equipo de Beiras son os seus principios e os que se acercan a el teñen que seguir eses princios.

34 comunista independentista

Adiante con Lidia!

33 seudolabrego

A seudolabrega ademais de ser ex-secretária geral do SLG(COAG) atualmente é a sua secretária de organização carga que ejerce desde que deixou a secretaria geral. Sempre foi e ainda é uma pessoa do apparatchik

1 Lobeira marinheiro

seudolabrega nada,é labrega de verdade.Son as patacas as que lle dan os cartos e non a obediencia ao aparato do partido.

2 Xenerala Yepanchina

Desde qué non é obediente porque foi obediente e máis da nomenclatura do partido.

3 labregoaltermundista

Perguntai-lhe a Miguel Mendez com que dinheiro se mantenhem nessa casa