Temas: BAIUCA MúSICA

O álbum 'Embruxo' de Baiuca acaba finalista nos Premios Ruído 2021

Agora comeza unha nova fase de votación nestes premios para elixir o mellor disco de 2021, que terminará ás 23,59 horas do 30 de decembro.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 14/12/2021 | Actualizada ás 20:50

Comparte esta noticia

'Embruxo', disco de Baiuca (Raso Estudo), foi nomeado como finalista a álbum do ano no VII edición dos Premios Ruído de 2021.

En concreto, é un dos 15 álbums seleccionados xunto aos novos discos dos artistas: Alizzz. Califato 3/4, C. Boureo, Derby Motoreta's Burrito Kachimba, Kiko Veleno, Kokoshca, Maika Makovski, María Arnal i Marcel Bagès, Morgan, Quique González, Rufus T. Firefly, Soleá Morente, Vetusta Morla e Zahara.

Agora comeza unha nova fase de votación nestes premios para elixir o mellor disco de 2021, que terminará ás 23,59 horas do 30 de decembro.

Baiuca, o proxecto musical do catoirés Alejandro Guillán, publicou este ano o seu segundo álbum no que mestura música tradicional galega con electrónica, 'Embruxo', no que conta con colaboracións de Rodrigo Cuevas, o grupo de 'pandereteiras-cantareiras' Lilaina, o flautista-gaiteiro Cristian Silva ou o percusionista Xosé Lois Romero.

Baiuca (Alejandro Guillán / Europa Press - Baiuca. / Europa Press
Baiuca (Alejandro Guillán / Europa Press - Baiuca. / Europa Press

Temas: BAIUCA MúSICA
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta