Yolanda Díaz tamén se apunta á viaxe inaugural do AVE a Galicia xunto con Sánchez e Felipe VI

Tamén irán a ministra de Transporte e os presidentes de Galicia e Castela e León.

Por Europa Press / Redacción | Santiago de Compostela | 17/12/2021 | Actualizada ás 11:10

Comparte esta noticia

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, acompañará ao Rei Felipe VI na inauguración este luns, 20 de decembro, do novo tramo entre Pedralba de la Pradería e Ourense que completa a Liña de Alta Velocidade (LAV) Madrid-Galicia.

Na viaxe inaugural desprazaranse tamén a vicepresidenta segunda e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, e a ministra de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana, Raquel Sánchez, e, segundo informa o Goberno, os presidentes autonómicos de Castela e León e Galicia, Alfonso Fernández Mañueco e Alberto Núñez Feijóo, incorporaranse ao traxecto en senllas paradas en Zamora e na Gudiña, respectivamente.

O tren partirá da estación de Madrid-Chamartín-Clara Campoamor ás 9,45 horas do luns 20, con paradas en Zamora e A Gudiña-Porta de Galicia, onde se descubrirá unha placa na plataforma con motivo da inauguración desta estación. O final do traxecto está previsto ás 12,26 horas na estación de Ourense, onde se celebrará un acto institucional.

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, na festa do centenario do PCE, a 25 de setembro de 2021, en Rivas-Vaciamadrid, Madrid (España). A festa anual do PCE, conmemora nesta edición o cen. Jesús Hellín - Europa Press
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, na festa do centenario do PCE, a 25 de setembro de 2021, en Rivas-Vaciamadrid, Madrid (España). A festa anual do PCE, conmemora nesta edición o cen. Jesús Hellín - Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Dario

Yoli sigue de campaña incensante de promoción personal.