Por Europa Press / Redacción | Ourense | 20/12/2021 | Actualizada ás 19:32
O músico ourensán Jaime Mateo faleceu o pasado domingo aos 41 anos de idade. Foi integrante de grupos como Os Amigos do Músicos, O Sonoro Maxín e Emilio José e Vos Indíxenas.
Segundo adianta 'La Región', o falecemento do músico produciuse por mor dun infarto. Como vocalista e batería en Os Amigos dos Músicos, gravou os discos 'Os Amigos dos Músicos' (2016) e 'Segundo fogar' (2019).
Numerosos artistas e grupos galegos mandaron as súas condolencias a través das redes sociais nas últimas horas por esta perda.
A SGAE tamén lamentou o falecemento "repentino" de Jaime Mateo, socio da entidade, a quen define como un "autor imprescindible".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.