Por E.P. | Santiago de Compostela | 22/12/2021 | Actualizada ás 18:57
A Xunta de Galicia convocou dúas ordes de axudas dirixidas a apoiar, por unha banda, aos concellos e, por outro, ás entidades e asociacións protectoras de animais rexistradas no territorio galego, nos gastos que asumen a diario co obxectivo de garantir o coidado, a atención e o mantemento dos animais domésticos abandonados que teñen ao seu cargo.
Segundo informa a Consellería de Medio Ambiente, coincidindo coa visita da súa titular, Ángeles Vázquez, ás instalacións da protectora Gatocan, en Coirós (A Coruña), o importe total ascende a 450.000 euros.
Na visita, tras pór en valor o traballo realizado en centros de acollida como este, a conselleira puxo en valor as axudas da Xunta nos últimos anos.
Ademais, remarcou que as destinadas a protectoras incluirán, como novidade, a adquisición de remolques para facilitar o transporte dos animais e dispositivos electrónicos para mellorar a xestión do centro ou equipamento veterinario. Tamén chamou á responsabilidade ante aqueles que optan por regalar un animal nestas datas.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.