O PSdeG pide "prioridade á implantación de renovables" na contorna de Alcoa

"Esa solución pasa por que a Xunta e o Estado faciliten a implantación de proxectos que rebaixen os custos de enerxía", apuntou o secretario de Política Industrial e Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 29/12/2021 | Actualizada ás 21:10

Comparte esta noticia

O secretario de Política Industrial e Transición Enerxética do PSdeG, Ángel Mato, valorou o "respaldo" dos empregados de Alcoa á proposta da compañía para manter os postos de traballo ata 2026 e realizar investimentos na planta de San Cibrao.

Ao fío diso, esixiu á Xunta que lle dea "prioridade" á implantación de renovables e tecnoloxías de almacenamento de enerxía na contorna de Alcoa. "Para facer que isto sexa unha realidade, a Administración autonómica contará con toda a colaboración dos socialistas galegos", tendeu a man.

Mato destacou o apoio do 70 por cento do cadro de persoal e asegurou que o PSdeG "está a disposición dos traballadores" no que respecta a alcanzar unha solución ao problema enerxético antes de 2024. "Esa solución pasa por que a Xunta e o Estado faciliten a implantación de proxectos que rebaixen os custos de enerxía", apuntou.

Doutra banda, instou á Consellería de Emprego a comprometerse cos postos de traballo nas compañías auxiliares, co fin de evitar que o persoal "non sufra aínda con maior intensidade as consecuencias da parada das cubas durante dous anos".

O alcalde de Ferrol, Ángel Mato.. CONCELLO DE FERROL
O alcalde de Ferrol, Ángel Mato.. CONCELLO DE FERROL

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta