Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 30/12/2021 | Actualizada ás 14:50
O conselleiro do Medio Rural, José González, suspendeu axenda por un accidente de tráfico, segundo informa na súa conta de Twitter. Asegura que o fai por recomendación médica.
"As redes sociais serven para informar, ás veces de temas positivos de traballo e, noutras ocasións, para asuntos persoais", indica.
Respecto diso, explica que este fin de semana sufriu un accidente de coche no que "afortunadamente non houbo consecuencias moi graves", apostila.
Por outra banda, indica que "para unha recuperación completa e, por recomendación dos médicos, non terá axenda as próximas semanas". "Pondo a saúde como prioridade, estarei en casa, teletrabajando na medida do posible, collendo moita enerxía para volver con máis forza que nunca".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.