Por Europa Press / Redacción | PONTEVEDRA | 31/12/2021 | Actualizada ás 11:44
CC.OO denunciou este venres a retirada de pancartas co texto 'Non á represión de Lores contra os traballadores de Ence' por parte do Concello de Pontevedra. O sindicato asegurou que presentará unha denuncia por roubo, alegando que ditas pancartas son propiedade de CC.OO e teñen un valor superior aos 400 euros.
As pancartas respondían á denuncia presentada polo alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, contra o membro do Comitéde Empresa de Ence, Ramiro Cerdeira, a quen á fiscalía solicita un ano de prisión, por unha actuación sindical en defensa dos postos de traballo directos e indirectos de Ence.
Nun comunicado, a formación sindical catalogou o sucedido de "vulneración intolerable do dereito constitucional de liberdade de expresión". Tamén, aseguraron que con esta medida o alcalde" impón a non escrita Lei do Silencio", ademais utilizaron outros calificativos como "sátrapa" ou "comportamento propio dun ditador".
CC.OO advertiu no comunicado que, ademais das denuncias,organizarán mobilizacións contra esta actuación en concreto e contra "os ataques de acoso aos traballadores de Ence".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.