Os corpos policiais prepáranse para facer cumprir as restricións esta Noitevella

O Goberno coordina os dispositivos policiais para garantir que se cumpran as novas restricións da Xunta.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 31/12/2021 | Actualizada ás 12:41

Comparte esta noticia

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, presidiu este venres unha reunión extraordinaria en coordinación das forzas e corpos de seguridade ante as novas medidas expostas pola Xunta decara á celebración da Noitevella.

Na reunión participaron mandos do Corpo Nacional de Policía e da Garda Civil, así como da Policía Autonómica, ademais de laspolicías locais da Coruña, Santiago e Ferrol, que estiveron presentes de maneira telemática.

Segundo explicou Rivas, o obxectivo da reunión foi analizar as novas limitacións e restricións anunciadas pola Xunta de Galicia para o período comprendido entre a madrugada de 31 de decembro e o 18 de xaneiro. As liñas principais de actuación das forzas e corpos de seguridade do Estado estarán centradas no control do lecer nocturno, evitar a existencia de concentracións públicas e o correcto uso da máscara.

Neste sentido, a subdelega anunciou que se establecerán dispositivos de seguridade para garantir o cumprimento das novas medidas, tanto no referido a as restricións en horarios de establecimentos como ao cumprimento do 'toque de non queda'.

Tamén, vixiarase a posible celebración de concertos ou eventos masivos con motivo das festas do Nadal, e estableceranse controis en polígonos industriais ante a posible celebración de eventos en naves e locais. María Rivas destacou "a excelente coordinación e colaboración existente" entre as diferentes policías e a garda civil e fixo un chamamento á prudencia e responsabilidade dos coruñeses.

Controis realizados pola Policía Autonómica. XUNTA
Controis realizados pola Policía Autonómica. XUNTA

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta