Un punto cara á salvación

O Celta, sempre a remolque no marcador, acadou o empate (2-2) cun gol de Santi Mina tras xogar todo o segundo tempo con dez. Nolito, de penalti, fixo o primeiro. A vindeira semana, en Almería.

Por gcdeportes | Vigo | 12/04/2014 | Actualizada ás 19:28

Comparte esta noticia

Ficha técnica
Celta:
Yoel; Hugo Mallo, Cabral (Íñigo López, 70'), Aurtenetxe, Jony; Fontás, Krohn-Delhi, Rafinha, Augusto (Orellana, 60'), Nolito e Mario Bermejo (Santi  Mina, 60').
Real Sociedade: Claudio Bravo;  Bravo, Zaldua, Mikel, Iñigo Martínez, José Angel, Markel, Zurutuza, Sergio Canales (Rubén Pardo, 75'), Griezmann, Agirretxe (Sferovic, 83') e Carlos Vela (Chori Castro, 86').
Goles: 0-1: Sergio Canales (min. 8). 1-1: Nolito, de penalti (37'). 1-2: Griezmann (43'). 2-2: Santi Mina (min. 80)
Árbitro: Estrada Fernández (valenciano). Expulsado Aurtenetxe con vermella directa no 48'. Amarelas a Hugo Mallo (17'), Bermejo (53') e Cabral (66') no Celta e a Íñigo Martínez (28'), Canales (53'), Zaldua (63'), Griezmann (73') e Rubén Pardo (80') na Real Sociedade.
Incidencias: partido da 33ª xornada da Liga BBVA no estadio de Balaídos ante preto de 20.839 espectadores. Minuto de silencio pola memoria do doutor Juan José Crespo.

Santi Mina, no remate do segundo gol.
Santi Mina, no remate do segundo gol. | Fonte: lfp.es

O Celta non se deu nunca por vencido. A  pesares de xogar case todo o segundo tempo con dez, buscou o empate con insistencia. A Real non pechou o partido cando puido, e Santi Mina acadou o empate a dez minutos do final. E incluso Orellana puido facer o terceiro.

Os de Luis Enrique saíron durmidos e sufriron as continuas chegadas do rival nos primeiros 20 minutos. Canales avisou do perigo que tiña cun remate coa testa e, xa no 7, marcou o 0-1 cun disparo dende fóra da área que pasou por debaixo de Yoel. Vela e Griezmann levaban perigo arreo e o Celta non se enteraba da película. Yoel evitou o segundo e Griezmann rematou fóra.

Pero pouco a pouco, o Celta foise serenando e tomando o control da man de Krohn-Delhi e Rafinha. José Ángel adiantouse a Augusto na área, Nolito rematou ben pero parou Carlos Bravo e Krohn-Dehli tentou sorprender dende lonxe nunha contra. Tamén Bermejo tivo unha, pero disparou desviado. O premio ao traballo céltico chegou no 37 cun penalti a Bermejo, que tirou de xeito maxistral Nolito fóra do alcance de Carlos Bravo. Empate xusto, pero durou pouco a ledicia. No 42, Cabral non atinou a despexar e marcou Griezmann. Menudo pau para o Celta.

Tralo paso por vestiarios, no 48', recibiu outro coa expulsión de Aurtenetxe por unha dura e inocente entrada en campo rival. Toda a segunda parte por diante cun xogador menos. O Celta tardou en repoñerse da expulsión e Griezmann errou o terceiro no 57'. Luis Enrique sacou a Santi Mina e Orellana para espertar os seus, que pouco a pouco fixéronse co control. Chegábase ás dúas áreas. Cabral evitou o remate de Carlos Vela e Santi Mina tivo dous tiros á porta.
O Celta creou perigo cunha falta lanzada por Nolito e no minuto 80 chegou o gol de Santi Mina, que rematou forte e raso un balón solto na área no 80'. De novo o empate facía xustiza aos méritos. Aínda tivo Orellana o terceiro no 83', pero parou Carlos Bravo.ç

Os célticos felicitan a Santi Mina polo gol.
Os célticos felicitan a Santi Mina polo gol. | Fonte: lfp.es

O Celta acada un punto importante (suma 37) cara ao obxectivo da permanencia, e a vindeira semana viaxa a Almería (domingo, ás 12.00 horas), en postos de descenso.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta