Os encoros galegos superan a barreira do 50%, por riba da media estatal

Gañaron 173 hectómetros cúbicos de auga durante a última semana.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/01/2022 | Actualizada ás 18:41

Comparte esta noticia

Os encoros galegos atópanse ao 51,6% da súa capacidade despois de gañar 173 hectómetros cúbicos durante a última semana, segundo os datos do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico.

Así, os encoros das dúas concas hidrográficas galegas almacenan 1.917 hectómetros cúbicos de auga dos 3.714 da súa capacidade total. O aumento do caudal prodúcese nunha semana na que a máxima precipitación rexistrada de todo o Estado deuse en Santiago de Compostela, con 39,0 litros por metro cadrado (l/m2).

Os da demarcación Galicia Costa atópanse ao 62,1% ao albergar 425 dos 684 hectómetros cúbicos de auga que poden almacenar. A variación semanal é de 27 hectómetros máis que fai sete días. Pola súa banda, Miño-Sil está ao 49,2% con 1.492 dos 3.030 hectómetros cúbicos que teñen de capacidade tras gañar 146 hm3 durante a última semana.

RESERVA HÍDRICA ESPAÑOLA

A nivel estatal, a reserva hídrica española está ao 43,7 por cento da súa capacidade total xa que os encoros almacenan actualmente 24.545 hectómetros cúbicos (hm3) de auga, ao aumentar na última semana en 585 hm3, o que supón o 1,0 por cento da capacidade total actual dos encoros, segundo o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico. O ano pasado por estas datas, os encoros almancenaban 28.692 hm3.

Encoro das Conchas.
Encoro das Conchas. | Fonte: Fonte: Amigos da Terra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta