Evacuado un home de 91 anos atropelado en Carballo

Foi trasladado ao Hospital da Coruña.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/01/2022 | Actualizada ás 14:03

Comparte esta noticia

Un home de 91 anos de idade foi evacuado este luns pola mañá tras ser atropelado por un vehículo no termo municipal de Carballo. Segundo informou o 112 Galicia, este accidente tivo lugar no punto quilométrico 28 da estrada AC-552 e o servizo de emerxencias tivo coñecemento do atropelo ás 12,10 horas a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.

Acto seguido, por parte do CIAE 112 Galicia púxose a situación en coñecemento da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Carballo, do Servizo Municipal de Protección Civil, da Policía Local e do servizo de mantemento da estrada.

Ao lugar o 061 desprazou unha ambulancia de soporte vital avanzado, outra de soporte vital básico e un equipo sanitario de Atención Primaria de Carballo para atender ao home ferido, M.S.X., de 91 anos, que foi trasladado ao Hospital A Coruña, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo
Hospital da Coruña. EUROPA PRESS - Arquivo

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta