Catro evacuados, dous deles menores, por inhalación de fume en Vilanova de Arousa

O sinistro tivo lugar tras un incendio na caldeira da súa vivenda.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/01/2022 | Actualizada ás 09:46

Comparte esta noticia

Catro persoas, entre elas dous menores, necesitaron asistencia e foron evacuadas por inhalación de fume a un centro hospitalario na noite deste pasado luns despois de declararse un incendio na caldeira da súa vivenda no municipio pontevedrés de Vilanova de Arousa.

Segundo informou o 112 Galicia, o catro persoas afectadas foron trasladadas polos servizos sanitarios ao Hospital do Salnés, despois de sufrir unha posible intoxicación por inhalación do fume procedente da caldeira na que se orixinou o lume.

Os feitos sucederon nunha casa de dúas plantas no lugar da Fontenla, na parroquia de Baión, sobre as 22,30 horas deste pasado luns na localidade de Vilanova de Arousa. Unha das persoas afectadas contactou co 112 para avisar do incendio e, tras ter coñecemento desta situación, por parte do CIAE 112 Galicia alertouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros do Salnés, á Garda Civil e a Protección Civil da localidade.

Ao lugar dos feitos o 061 enviou unha ambulancia de soporte vital avanzado que trasladou ao Hospital do Salnés a unha muller de 43 anos e a un home de 42, xunto a dous menores, confirmaron a Europa Press fontes sanitarias.

Intervención dos bombeiros nunha emerxencia
Intervención dos bombeiros nunha emerxencia | Fonte: SERVIZO DE EMERXENCIAS DE SANXENXO

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta