Por Galicia Confidencial | OURENSE | 14/01/2022 | Actualizada ás 14:32
Levaban aí dende o 1974 até que no día de onte chegaron as queixas e alarmas: estaban tallando polo pé as árbores da Universidade Laboral de Ourense "que conviviron de maneira de maneira armónica" durante tanto tempo, denuncia Amigas das Árbores. A entidade conservacionista censura así un novo arboricidio na cidade, pois destacan que non quitaron as árbores "secas, danadas polos temporais, que estorban ou son perigosas... están tallando polo pé como se esto fora unha explotación forestal".
"Isto é un centro educativo, un espazo verde do que disfrutan os estudantes, profesores e o conxunto da cidade de Ourense", expresa nun comunicado a asociación, que lamenta que "sigan estragando a cidade de Ourense, que nin é verde nin sustentable". Amigas das Árbores pide a inmediata paralización destas actuacións, coñecer o responsable da "desfeita", e a "inmediata restauración e recuperación do espazo estragado".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.