O Servizo de Oftalmoloxía do CHUF de Ferrol, recoñecido polos seus protocolos fronte á Covid-19

Aenor valorou, entre outros aspectos, as actuacións en materia de prevención e hixiene.

Por Europa Press / Redacción | Ferrol | 14/01/2022 | Actualizada ás 17:17

Comparte esta noticia

O Servizo de Oftalmoloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol (CHUF) foi recoñecido por Aenor debidoros protocolos fronte á Covid-19 que despregou.

Así o informaron este venres a área sanitaria de Ferrol e Aenor, que detallaron nun comunicado que "este aval externo acredita que as distintas medidas de seguridade adoptadas desde o inicio da crise sanitaria non só se adaptan ás recomendacións, senón tamén ás esixencias establecidas de forma periódica polo Ministerio de Sanidade en materia de prevención e hixiene". Aenor certifica así a "efectividade das medidas", destacan as mesmas fontes, fronte á Covid-19 levadas a cabo "en favor da seguridade e a saúde dos seus usuarios", engaden.

Entrega do certificado de reconcimiento ao Servizo de Oftalmoloxía do CHUF.. SERGAS
Entrega do certificado de reconcimiento ao Servizo de Oftalmoloxía do CHUF.. SERGAS | Fonte: Europa Press

En concreto, foi avaliado para tal fin un "amplo abanico de aspectos", detallan, entre os que se atopan a xestión de riscos e da saúde no traballo; a formación, información e comunicación desenvolvidas; as medidas tanto organizativas como de protección postas en marcha (distancia mínima, control de aforamento, uso individual de equipamento e material, etc.) e as boas prácticas en limpeza e hixiene, entre outros.

O director de Aenor en Galicia, José Enrique Rodríguez Coello, destaca que "a crise sanitaria supón un reto de gran envergadura que require máis que nunca a implicación de todas as organizacións e máis se cabe as do ámbito sanitario para xerar confianza á sociedade".

Pola súa banda, a xefa do Servizo de Oftalmoloxía do CHUF, María Dores Álvarez Díaz, manifestou que "un recoñecemento deste tipo é un orgullo na medida que reflicte que se fan as cousas ben".

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta