Bailemos un valse

A finais do ano pasado e no que vai do presente, os voceiros da partitocracia sistémica están a corear unha cantilena acompañada cun atrezo caricaturesco. A cuestión é que están a suxerir con sobrecogedora invención que quedamos “Sen substitución profesional”. Din os gardiáns da plutocracia globalista, que “A mala planificación aboca a España a un grave problema na renovación de empregos tras a xubilación dos ‘ boomers’”. O hoxe é un fracaso, mais xa adiantan a ruína do 2045. O pirómano grita lume!.

Por Álvaro Rodríguez | Compostela | 18/01/2022

Comparte esta noticia
Argumentan os órganos  arcillosos   sistémicos  ao servizo da  plutocracia internacional, e correa de  trasmisión da vergoñosa  partitocracia depredadora que padecemos, que “o estancamento demográfico e a mala planificación da formación profesional están na orixe da crise que se cerne sobre diversos sectores da economía española”. Todo iso aplaudindo aos culpables e  destrutores  que nos manipulan desde que José Vélez cantou en  eurovisión. Desde aquela non paramos de bailar o valse. 
 
Veñen dicir, coa súa chulería liberal,  que tras décadas de  ponzoñoso progreso de falsas conquistas sociais, que cando se xubilen os sí nacidos entre os anos 1958 e 1977 virá mais  sacrificio para os  pagadores de impostos.  Cando  arrinconen aos  que están agora en paro, aos que  teñen traballos precarios, ou mal pagos, cando os  retiren con xubilacións pobres (xa o están anunciando…con  risitas e copia pegas de bolseiros),  será,  din os abanderados da falsa bandeira,  o inicio de graves  males aínda maiores que os actuais.   A  impostura é  maléficamente maiúscula. E a claridade coa que expoñen o seu proxecto cega polo seu resplandor.
 
Os poderosos na súa quenda democrática  de  mamandurria non fan mención á política  antinatalidade desenvolvida nos últimos 40 anos. A súa política de falsa bandeira progresista non axudando ás familias triunfou, e chega o momento de comezar a súa axenda no  presente século. Chámana axenda 2030 co seu sorriso  KissKiss Gold  and  Diamonds de  Guerlain, e cara de Prestige Cúrea  de Dior.  Os malos disfrazados de bos seguen co mesmo manexo, afanándose en impoñer baixos salarios, paro estrutural, políticas  antifamilia. Todo envolvido co papel de  progresía de  histriónicas bandeiras e  eslóganes  estridentes. Manteñen  a inexistente planificación da educación tanto profesional como universitaria. E como estamos no  seu Demos-grazas, ninguén é culpable. Eles,  os sucesores da  camarilla de Fernando VII,  os que cortan o bacallau e reparten a  guita, (a dereita da esquerda e a esquerda da dereita), acordaron que tras a súa  “movida” dos últimos 40 anos vén a próxima resaca para os traballadores. 
 
É certo que o  placo do Bernabéu está moi satisfeito cos ministros  antichuletones, xa que lles garanten  a paz  servil que precisan para acumular capital. Mentres,  os   progres  paulovianos están a esperar que gobernen os da próxima quenda  para saír á rúa e desafogar a súa irritación confinada. Será en balde xa que o torneo xa esta  amañado e o resultado apalabrado entre a dereita da esquerda e a esquerda da dereita. E así tempada  tras tempada bailan o valse.   
 
E é que estamos a asistir ao investimento da conciencia moral sinalada polo profeta Isaías: “Ai dos que ao malo chaman bo, e ao bo malo; que fan da luz tebras e das tebras luz; que poñen o amargo por doce e o doce por amargo!”.

Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez
Dúas persoas maiores e xubiladas tentan disfrutar da súa vellez | Fonte: canarias7
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Álvaro Rodríguez Nuñez Doctor en Ciencia Política. Autor de varios ensaios sobre procesos políticos contemporáneos. Ten publicado diferentes estudios en revistas de pensamento político, nas cales colabora.