Pontón: "Impor o autodiagnóstico e a compra de antíxenos é privatizar a sanidade"

A líder nacionalista denuncia o "empeño da Xunta en desmantelar" a sanidade pública: "Que será o seguinte, facer na casa as analísticas?", advirte.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/01/2022 | Actualizada ás 14:23

Comparte esta noticia

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, denunciou que "impor" o autodiagnóstico e a compra de antíxenos á cidadanía é "un paso máis na privartización" da sanidade pública galega.

"Xa nin disimulan a súa incapacidade e ante o colapso da sanidade, non reforzan con máis medios e recursos, pídenlle á cidadanía que se autodiagnostique. Que será o seguinte, facer na casa as analísticas?", advertiu Pontón, interpelando por esta cuestión tras denunciar o "empeño en desmantelar a sanidade pública".

A Xunta vén de implantar unha declaración responsable no sistema do Sergas que permite que calquera persoa cun test de antíxenos positivo se declare como caso confirmado de covid-19, sen necesidade de confirmación a través de PCR.

Esta declaración, ademais, permite acollerse á baixa laboral de sete días, actualmente vixente para os casos de infección coa variante ómicron, e que ten alta automática na Seguridade Social salvo que se comunique persistencia de síntomas.

A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG
A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, en rolda de prensa. BNG | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta