Un arquitecto vilalbés deseña unha 'casa- hórreo' accesible a cadeiras de rodas para os seus pais

A obra do arquitecto Javier Sanjurjo, afincado en Berlín, inspírase nos hórreos.

Por Galicia Confidencial | LUGO | 18/01/2022 | Actualizada ás 11:48

Comparte esta noticia

Situada na cima dunha ladeira, unha casa de algo máis de 200 metros cadrados en forma de L e inspirada nos hórreos acaba de ser rematada en Vilalba. É obra do arquitecto galego afincado en Berlín Javier Sanjurjo, que realizou co estudo galego Ameneiros Rey e a encargo dos seus propios pais.

Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba.
Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba. | Fonte: Wallpaper

Precisamente porque a accesibilidade para cadeiras de rodas era un elemento crucial para a familia de Sanjurjo, o arquitecto deseñou unha nova estrutura elevada que permite que o espazo habitable estea nun só nivel. Así, a fonte de inspiración foi unha estrutura agrícola tradicional: o hórreo, que se levanta sobre o chan. A casa, segundo publica Wallpaper, é definida polo arquitecto como “un exercicio de suficiencia sobre o exceso”. Unha casa "de sinxeleza austera e admirable" que "aproveita ao máximo o solar elixido". Nela, unha escaleira conduce dende a planta baixa ata o espazo habitable.

Está deseñada en dúas ás, día e noite. Todas as habitacións principais teñen vistas orientadas ao suroeste, cun balcón orientado ao oeste accesible desde a sala de estar. Hai dormitorios, unha cociña estilo tradicional e unha sala de estar de planta aberta. O acceso dos vehículos realízase a través dun camiño sinuoso que rodea a casa antes de terminar en dous espazos de estacionamento. A entrada principal atópase a través dunha ponte nova desde a estrada principal.

A terraza ofrece "vistas privilexiadas" ao bosque e ao río, xa que segundo publica Wallpaper, o arquitecto buscaba a sensación de "estar a flotar sobre as árbores". A contrución realizouse cunha combinación de materiais de baixo custo "con detalles funcionais e un compromiso coa simplicidade".

Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba.
Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba. | Fonte: Wallpaper
Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba.
Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba. | Fonte: Wallpaper
Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba.
Casa hórreo deseñada por Javier Sanjurjo en Vilalba. | Fonte: Wallpaper
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta