Trátase dunha colección de 6 botellas únicas e diferentes cunha selección de fotografías da americana Ruth Matilda Anderson realizadas entre os anos 1924 e 1926. "Unha homenaxe á tradición e á nosa orixe", din dende a adega Martín Códax.
  comenta   0
O vindeiro domingo, 16 de abril, Riotorto recupera a traxectoria desta celebración que exalta a figura dos ferreiros. Falamos con José Mario Cabo, ferreiro e presidente dunha entidade que representa a este gremio de artesáns do ferro.
  comenta   0
Con motivo do 60 aniversario do falecemento de Vicente Risco, a Fundación que leva o seu nome cedeu á Asociación Xan de Arzúa uns debuxos del nos que aparecen representados gando vacún, feiras ou escenas do rural. Ademais de aparecer no cartel e no programa, utilizáronse tamén para o pano e as camisetas.
  comenta   0
Unha crónica de Óscar Soutelo en relación ao evento vivido en Viana e Vilariño de Conso a pasada fin de semana, do 17 ao 19 de marzo.
  comenta   0
É obra do CEIP Plurilingüe das Vendas da Barreira. Este xoves 9 de febreiro abriu tamén a tenda oficial para poder mercar diferentes produtos do entroido 2023.
  comenta   0
Vilariño de Conso garda aínda as esencias do Entroido galego. O Boteiro é a personaxe estelar, é o dirixente do Fulión. Se queres coñecer máis de preto esta interesante e pouco coñecida tradición do país tes un xeito moi interesante de facelo.
"Confrarías hai en todas partes, pero coa forza, número e tradición que hai en Galicia, non existen noutros sitios de España", manifestou.
  comenta   0
Ao largo e ao longo do noso País, innumerábeis bandos, xugadas, cuadrillas, ou ranchos botaban semanas a ensaiar para andar os Reis de porta en porta, ao longo do que se chama o ciclo do Nadal, ou ciclo natalicio. Estas formacións preparaban con esmero as súas saídas, porque era unha forma de se facer ver, de facer comunidade (veciñanza) e de competir (iso, sempre), coas formacións das veciñas e veciños. A cuestión é que, até non hai tanto tempo, isto era algo ben habitual na Galiza.
A Comunidade Galega de Cataluña fará posible neste fermoso escenario o espectáculo “Unha Xeración. Dous Mundos”, unha gala de teatro musical que busca render tributo aos galegos e galegas que chegaron a Cataluña nas décadas dos 60 e 70.
  comenta   0
Este mércores, 30 de novembro, baixa o telón un dos festivais de referencia da música negra a nivel galego e incluso nacional. E faino cun concerto no que estarán 'Moura', cunha proposta que combina a música tradicional galega coa psicodelia e o rock progresivo, e 'MFC Chicken', un dos grupos cun show máis excitante do garaxe-rock’n´roll do Reino Unido.
  comenta   0
A programación comeza o sábado 5, día no que estará Treixadura en concerto na carballeira, e o resto de actividades alongaranse ata o 13 de novembro. A tradicional feira cabalar será o día 11, e destacan tamén a 'Refeira' e un 'magosto reivindicativo' polo XX aniversario do Prestige os días 12 e 13 respectivamente.
  comenta   0
O día de Defuntos ten en Galicia unha longa tradición manifestada nos ritos funerarios que expresan o tránsito da vida á morte. O antropólogo Marcial Gondar sitúa esa cultura na identidade, afirmando que os vivos e os mortos ainda constitúen unha comunidade: o defunto está sempre próximo, mesturado cos vivos nunha interacción que traspasa a vida cotiá.
  comenta   0
Como si fora un mantra, parece que a tradición vale pra xustificar actitudes machistas e sexistas como as que aconteceron no coléxio madrileño onde se forman ós que están chamados a seren persoas con grandes cargos no Estado.
  comenta   0
As XXXVII Xornadas de Folclore que organiza a Deputación de Ourense traerá á vila do Támega grupos de Colombia, México e Timor.
  comenta   0
O concello acolle o V Serán de Seitura, a Noite Celta e o XIII Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.
  comenta   0
Coñecemos a "Olimpíada Rural da Broa", que naceu no ano 2017 grazas á colaboración de varias asociacións veciñais e o apoio do Concello da Merca. Trátase, dinos José Manuel Taín, dunha "actividade dinamizadora do rural na que ademais se fomentan hábitos de vida saudable e a unión da xuventude das distintas parroquias do lugar".
  comenta   1
O Goberno central entende que "contén todos os ingredientes para mergullar ao visitante nas orixes da tradición 'pulpeira' da comarca do Carballiño e do folclore e gastronomía de toda Galicia".
  comenta   0
Lavar a cara con auga das fontes e plantas recollidas no monte forma parte dun dos rituais máis estendidos desta festividade. Velaquí a guía para levalo a cabo.
  comenta   0
Aínda que houbo xa actividades previas nos centros de ensino, o comezo oficial da programación foi este sábado 11 de xuño coa primeira saída do boi pola noitiña. Os festexos alongaranse ata o domingo 19.
  comenta   0
O concello e Xosé Lois Foxo chegaron a un acordo de colaboración para crear o 'Museo Internacional da Gaita' na vila do Támega. Para acoller tan ampla colección rehabilitarase o antigo edificio dos almacenes Recaredo Romero, obra do arquitecto Daniel Vázquez Gulías.
  comenta   0
O Concello de Vilalba recupera esta cita tras a pandemia. Será a vindeira fin de semana, os días 7 e 8 de maio. Ademais dos postos de artesanía, haberá obradoiros de música tradicional e de xoguetes, e tamén demostracións a cargo de recoñecidos artesáns.
  comenta   0
A Asociación Cultural Xan de Arzúa vén de presentar a programación que durante 9 días de xuño traerá de novo a Allariz moita troula e preto de 50 actividades.
  comenta   1
O Concello de Verín presenta un amplo abano de actividades para o 30 de abril e o 1 de maio na Alameda e na Praza García Barbón, respectivamente. Ademais dun acto conmemorativo, o sábado 30, o domingo 1 está programada a celebración dos Maios, a V Feira Solidaria e unha andaina en beneficio da Cruz Vermella.
  comenta   0
Será o vindeiro venres 29 de abril na Alameda. As bases para participar no concurso de maios e de coplas están na web do concello e repartiranse tres premios por cada unha das catro categorías ou modalidades que se contemplan.
  comenta   1
A esperada cita cos viños quirogueses, os días 16 e 17 de abril, chega con grandes expectativas. Volve o formato habitual, sen restricións, e os colleiteiros tradicionais deixarán o seu lugar a adegas profesionais. O pregoeiro, outro dos atractivos do evento, será o actor Iván Sánchez, con raíces no concello.
  comenta   0
Asociación Cultural Xan de Arzúa e Concello de Allariz presentaron xa un avance do que será a programación e o cartel anunciador dun dos eventos máis importantes para a vila do Arnoia.
  comenta   0
O proxecto 'Saberes Próximos' nace para visibilizar aqueles que dedican o seu tempo a coidar e divulgar a riqueza e a importancia do noso patrimonio inmaterial. Na súa web dan a coñecer persoas e colectivos que recompilan, preservan e difunden os nosos saberes e tradicións.
  comenta   0
O concello vén de publicar as bases polas que se rexerán as elaboracións dos maios e a redacción das coplas. As doazóns que se recaden no reparto estas últimas destinaranse ao financiamento do programa da UNICEF “Emergencia en Ucrania”.
  comenta   0
Nace unha plataforma da man da mocidade galega para conxugar tradición e futuro nas catro provincias.
  comenta   1
O libro-disco, que xa está á venda, conmemora o décimo aniversario de Galicia Fiddle e recolle 16 melodías tradicionais adaptadas ao violín gravadas por solistas de entre 13 e 24 anos.
  comenta   0
O Concello de Verín promove o entroido deste ano convidando á prudencia a través dun vídeo no que aparece a verinesa Esther Estévez, do “DígochoEu”.
  comenta   0
O trío galego logrou que toda España se unira, deixando atrás ideoloxías e opinións, para defender e recoñecer como propio un proxecto inclusivo en galego que promove a lingua e a tradición de Galicia "sen fronteiras".
Cómpre decatarse da potencia que acadou a iniciativa popular a respecto do tema Terra de Tanxugueiras para representar ao Estado na Eurovision e mesmo para gañala. Mesmo-ou nomeadamente- dos que nunca estivemos pendente da Eurovision Fest. O pobo é quen máis ordena e vivimos unha revolución nas últimas semanas canto á reivindicación da lingua e produción musical galegas. Porque Tanxugueiras construé dende a fusión entre a nosa tradición musical e os elementos modernos e internacionais que elas mesmas escollen para construir a súa proposta.
  comenta   0
O Concello de Teo habilitará para este San Martiño un aparcadoiro de balde na N-550 con autobús dende ese punto á feria do San Martiño.
  comenta   0
No 2020 non se puido celebrar por mor da pandemia pero este ano volve como manda a tradición. ”Este ano haberá música, artesanía, polbo e sobre todo cabalos!” indica María López, concelleira de Turismo e Cultura.
  comenta   0
Baixo o lema, "trae o teu instrumento e ganas de bailar", o concello anima a participar á veciñanza e aos visitantes que se queiran achegar.
  comenta   0
A AELG recoñece dous galegos que, dende os seus respectivos eidos, preservan a lingua e a cultura do país sen pedir nada a cambio.
  comenta   0
As coplas tradicionais, as líricas propias e as sonoridades electrónicas fusiónanse, coma no caso de Midas, neste novo tema; que se acompañará dun videoclip que as cantareiras estrearán o venres 9 ás 00.00 horas na súa canle de Youtube.
  comenta   0
A tradición di que as herbas de San Xoán teñen propiedades máxicas. No TikTok do Galicia Confidencial explicámosche cales son.
No 1909 a Garda Civil disparaba contra os veciños da Parroquia de Oseira, que intentaban protexer o baldaquino do Mosteiro. O resultado foron 9 falecidos.
  comenta   0
A empresa cervexeira presenta a Abadía "Sobrado dos Monxes", unha "Belgian Dubbel", que di que "está sustentada nun estilo de inspiración monástica e selo galego".
  comenta   0
As instalacións, que seguirán os máximos parámetros de eficiencia enerxética, contarán con seis pozas, catro de auga quente e dúas de fría, e vestiarios.