A A.C. Rebulir entrega os 'premios identificARTE'

Será este 30 de setembro no Centro Cultural do Picouto no Concello de Ramirás e servirá tamén como acto de apertura do curso 2023-2024.

Por Galicia Confidencial | Ourense | 30/09/2023 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

Despois dun intenso verán con actuacións por toda Galicia, Portugal, Andalucia e Madrid, a Asociación Cultural Rebulir, con sede no Concello ourensán de Ramirás, abre o novo curso cun acto no que se informará a socios/as, familiares e interesados/as e no que tamén se procederá a facer entrega dos Premios identificARTE. Será o sábado 30 de setembro ás 17:00 h.

Baile tradicional A.C. Rebulir. Foto: Web A.C. Rebulir.
Baile tradicional A.C. Rebulir. Foto: Web A.C. Rebulir.

O curso extenderase entre os meses de outubro de 2023 e xullo de 2024, contando coas seguintes disciplinas ofertadas: Acordeón con Álvaro Pérez a fronte; Gaita e Percusión tradicional a cargo de Jandro Barciela; Canto e Pandeireta coa dirección de Alba Faro e coa participación de Evelyn Álvarez; Baile tradicional con Alexandre Sotelino e Sandra González; e tamén o grupo de etnografía, tamén baixo a coordinación de Alexandre Sotelino.

Dado o alto número de alumnado da escola, neste ano faranse uso de diferentes locais cedidos polo Concello de Ramirás, quen colabora activamente para o mantemento das dinámicas participativas. O Centro Sociocultural do Picouto, o Centro Sociocultural de San Andrés e o Polideportivo Municipal serán os diferentes espazos nos que se desenvolverán as actividades.

Rebulir cumple a súa maioría de idade neste curso e, en palabras da entidade "continuarase na senda dos últimos anos organizando multitude de actividades lúdico-culturais. A primeira delas será o FIR-Festival Internacional Rebulir que terá lugar entre os días 14 e 17 de decembro cunha programación que recupera unha maior internacionalización"

PREMIOS IDENTIFIC-ARTE

Asemade, durante todo o verán estivo vixente o III Certame das Expresións culturais Identific-ARTE financiado desde a convocatoria de Iniciativa Xove da Xunta de Galicia. O pasado día 26 de setembro reuniuse o xurado para valorar as decenas de candidaturas propostas e decidiron premiar as seguintes propostas:

-PRIMEIRO PREMIO: ALBA RODRÍGUEZ CID co traballo “Pasodobre en cinco tempos”

-SEGUNDO PREMIO: EDUARDO VILACHÁ MARTÍNEZ co traballo “Fotografías do Val de Arnoia”

-TERCEIRO PREMIO: CÉSAR FONTENLA co traballo “Toño de Freás na sega ao solpor”

-3 ACCESITS: RUBÉN GARRIDO, UXIA CASAS e ESTEBAN MONTES os cales constarán do diploma acreditativo e un lote de libros do CCG.

Os galardóns anteriores poderán ser recollidos no Salón de Actos do Concello de Ramirás no devandito acto de apertura do curso o vindeiro sábado día 30  as 17:00 h. Participará a alcaldesa do Concello de Ramirás, xunto cunha representante da Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta