Recoñecen o teletraballo mediante sentenza en postos de rexistro e información nun ente de Medio Rural

O ente desestimou finalmente a solicitude porque o informe da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (ambas as dependentes da Consellería de Facenda) aplicou "restrictamente a orde e non tivo en conta os supostos demostrados de excepcionalidade".

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 16:48

Comparte esta noticia

Unha sentenza recoñece a prestación de servizos na modalidade de teletraballo de dous días á semana a unha traballadora dun ente instrumental dependente da Consellería de Medio Rural, a pesar de que a traballadora desenvolve funcións de rexistro e atención ao público.

A sentenza é consecuencia das accións legais emprendidas pola Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) Galicia, en desacordo co artigo 3.2 da orde 14 de decembro de 2020 (DOG 7 de xaneiro de 2020) que regula o teletraballo, na que se establece que non serán susceptibles de ser desempeñados en réxime de teletraballo postos en oficinas de rexistro e atención e información á cidadanía.

A orde, lembra CSIF, establece, no entanto, algunhas excepcións, naqueles casos nos que o traballador conte cun informe favorable conxunto do ente ao que pertence e dos centros directivos competentes en materia de función pública e avaliación e reforma administrativa que así o recoñeza.

A traballadora, tras presentar a súa solicitude, contou en primeira instancia co informe favorable por parte da Secretaría Xeral do ente, pois ao rexistro onde realiza a súa actividade está adscrita outra traballadora coa que se turna para realizar estas e outras funcións, e existen dúas persoas máis, adicionalmente, autorizadas a substituílas en casos puntuais (vacacións, baixas ou outros permisos).

O ENTE DESESTIMOU A SOLICITUDE

O ente desestimou finalmente a solicitude porque o informe da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa (ambas as dependentes da Consellería de Facenda) aplicou "restrictamente a orde e non tivo en conta os supostos demostrados de excepcionalidade".

Neste escenario, CSIF formulou unha demanda por considerar que se trataba dun "caso claro de vulneración do dereito á igualdade desta traballadora en relación con outras da súa mesma categoría e funcións ás que si se lles concedeu a modalidade do teletrabajo". De feito, agrega, as 12 compañeiras do cadro de persoal do seu departamento téñeno recoñecido.

Na sentenza --que é firme--, queda acreditado que a denegación por parte da Administración "vulnera" o artigo 14 da CE. Ademais, constata que hai un sistema de quendas no desenvolvemento das funcións do posto que esixen presencialidade e mesmo outras dúas persoas facultadas para tales funcións que as desenvolven ante ausencias puntuais das outras dúas traballadoras, de tal maneira que se "garante" o funcionamento correcto do Rexistro.

"ESPECIAL IMPORTANCIA"

Para CSIF Galicia, esta sentenza é de "especial importancia" por supor "un logro máis na defensa e respecto dos dereitos dos traballadores", especialmente en todo o que ten que ver con dar pasos cara á conciliación da vida familiar e laboral, para o que o teletrabajo "é unha importante ferramenta".

O sindicato lembra, nun comunicado, que o acordo de telebrajo na Administración galega foi asinado só pola CIG. Precisamente, CSIF rexeitouno por "ser tremendamente restritivo co dereito á conciliación dos empregados públicos".

Xulgados
Xulgados | Fonte: Europa Press.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta