Investigan un veciño de Carnota por unha queima sen permiso que derivou nun incendio

Os refachos de vento fixeron que o lume prendese na vexetación próxima ao lugar do inicio do incendio.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 25/01/2022 | Actualizada ás 17:19

Comparte esta noticia

Axentes da Policía Autonómica identificaron a un veciño de Carnota por provocar un incendio cunha neglixencia nunha queima de restos forestais sen autorización.

Segundo informa a Xunta nun comunicado, o lume tivo lugar o 22 de xaneiro na parroquia de Pindo, onde queimou 6.000 metros de superficie rasa.

Os refachos de vento fixeron que o lume prendese na vexetación próxima ao lugar do inicio do incendio. O investigado recoñeceu os feitos e admitiu que non foi capaz de sufocar as chamas. As dilixencias remitíronse ao xulgado de garda de Muros.

Esta investigación realizouse en colaboración con axentes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO), dependente da Consellería do Medio Rural.

En concreto, trátase da segunda persoa investigada este ano pola Policía Autonómica como presunta autora dun incendio forestal en Galicia.

Incendios
Incendios

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta