O Concello da Coruña crea actividades de educación ambiental para máis de 5.000 estudantes

Estas actividades están relacionadas co Día Mundial da Educación Ambiental.

Por E.P. | A CORUÑA | 26/01/2022 | Actualizada ás 19:06

Comparte esta noticia

Máis de 5.000 estudantes participarán nas actividades organizadas polo Concello da Coruña con motivo do Día Mundial da Educación Ambiental, segundo informa o consistorio.

Con motivo desta conmemoración, organizará charlas, visitas e talleres para os centros educativos e os colectivos da cidade, actuacións nas praias e cursos para todos os públicos.

As actividades desenvolveranse nas aulas, nos centros cívicos, bibliotecas, asociacións veciñais, eco hortas, espazos abertos da cidade e en espazos naturais dentro e fóra do municipio.

Un total de 34 centros educativos da cidade e máis de 5.000 alumnos participarán neste programa durante a súa xornada lectiva. No caso dos colectivos, adaptarase a proposta as necesidades singulares de cada un.

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey | Fonte: Concello da Coruña.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta