Detectan a subvariante BA.2 de ómicron nas augas residuais da Coruña

A ministra de Sanidade asegura que se comporta "parecido" á liñaxe que segue sendo dominante no Estado.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 27/01/2022 | Actualizada ás 16:26

Comparte esta noticia

O estudo CovidBens, que fai unha mostraxe das augas residuais de cinco concellos da comarca da Coruña para realizar un seguimento das familias da covid-19, detectou a presenza de subvariante BA.2 de ómicron. Concretamente, nunha porcentaxe do 1,33 por cento nas augas residuais que verten a Bens e nun 1,38 por centos nas augas residuais da cidade da Coruña.

En xeral, segundo este estudo publicado na web do proxecto e difundido polo equipo de investigación, os resultados en augas residuais recollidos entre os días 17 e 21 de xaneiro mostran que a variante B.1.1.529 (ómicron; Sudáfrica e Botsuana) atópase ao 97% no conxunto dos cinco concellos e ao 95% no concello da Coruña, mentres que a variante B.1.617.2 (delta; India) atópase ao 3% no conxunto do cinco concellos e ao 4% no concello da Coruña.

Durante o período referido, o equipo recolleu e procesou mostras de augas residuais. O material xenético desas mostras foi extraído e secuenciado posteriormente. Os datos analizáronse en busca das mutacións de vixilancia recomendada pola ECDC (European Centre for Disease Prevention and Control), directrices actualizadas o 20 de xaneiro de 2022.

O obxectivo principal do proxecto CovidBens consiste en realizar un seguimento da epidemia de coronavirus SARS-CoV-2 na área metropolitana de aproximadamente 400.000 habitantes, que comprende os municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros, os cales verten as súas augas residuais á depuradora de Bens.

CovidBens serve como alerta temperá ante posibles brotes, xa que demostrou ser capaz de adiantarse ata 18 días con respecto aos datos reportados polo sistema sanitario, destaca a investigación. Ademais, a partir da cantidade de material xenético do virus presente na auga residual, CovidBens pode estimar o número de persoas infectadas na poboación, xa sexan sintomáticas ou asintomáticas, empregando modelos estatísticos.

Dúas persoas con máscara pola rúa. Eduardo Parra - Europa Press
Dúas persoas con máscara pola rúa. Eduardo Parra - Europa Press

A ministra de Sanidade, Carolina Darias, sinalou que a evidencia científica dispoñible ata o momento indica que esta nova subvariante de ómicron "se comporta parecido" á liñaxe que segue sendo dominante no Estado.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta