Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 28/01/2022 | Actualizada ás 16:05
A Consellería de Medio Rural decidiu reforzar o despregamento sobre o territorio dos integrantes da Unidade de Investigación de Incendios Forestais (UIFO) ante as condicións meteorolóxicas existentes de ausencia de precipitacións, así como ante a entrada en vigor desde as 00,00 horas deste sábado da prohibición de queimas forestais.
Segundo informa o Goberno galego, este labor de vixilancia complementarase coas videocámaras instaladas que cobren preto do 70% do territorio da comunidade.
Igualmente, o Goberno galego pide á cidadanía que extreme as precaucións e denuncie calquera actividade delictuosa incendiaria, para o que está activo o teléfono para comunicacións anónimas (900 815 085). Para comunicar lumes activos está o 085.
A UIFO é unha unidade integrada por axentes ambientais, con dependencia directa do director xeral de Defensa do Monte, e que se centran nas tarefas de vixilancia, disuasión e investigación de lumes.
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.