Aberto xa o período de votación para coverter ao Carballo de Conxo en Árbore Europea 2022

"Aquí non hai xurado profesional, todo depende do noso voto", ironizaba o rexedor compostelán en relación á polémica do 'Benidorm Fest'.

Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 01/02/2022 | Actualizada ás 20:15

Comparte esta noticia

O Carballo de Conxo, que xa é Árbore do Ano 2022 en España, busca agora converterse tamén en Árbore Europea. O período de votación quedou aberto dende hoxe día 1 de febreiro e concluirá o vindeiro día 28, e durante este tempo tanto o Concello de Santiago como a Xunta e o Goberno central, desenvolverán unha campaña para tratar de que o histórico e simbólico carballo se convirta en referencia de todo o Estado. En palabras do rexedor compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, trátase de convertelo na "nova catedral".

Carballo de Conxo, entre os candidatos para representar a España no certame Árbore Europea do Ano 2022.. WEB DA ÁRBORE DO ANO EN ESPAÑA 2022
Carballo de Conxo, entre os candidatos para representar a España no certame Árbore Europea do Ano 2022.. WEB DA ÁRBORE DO ANO EN ESPAÑA 2022

O alcalde de Santiago recoñecía nun acto celebrado no día de onte que converter ao Carballo de Conxo en Árbore Europea "non é fácil". Pero, segundo calculaba, "temos estimado que a partir dos 100.000 votos podemos gañar". Por iso, o rexedor instaba non só aos composteláns, senón a todos os galegos e galegas, a votar por esta árbore que resistiu dende vagas de incendios ata a construción dunha autoestrada e a primeira liña de ferrocarril de Galicia.

O Carballo de Conxo foi ademais quen de presenciar o histórico 'Banquete de Conxo' e foi árbore de saúde mental para os pacientes de Conxo durante moitísimos anos. "Aquí non hai xurado profesional, todo depende do noso voto", ironizaba Sánchez Bugallo sobre a polémica do 'Benidorm Fest' para animar ás galegas e galegos a apoiar a candidatura.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta