O Sergas comprométese a reducir a temporalidade en enfermaría

As interinidades e o concurso de méritos para consolidar a quen leve máis de cinco anos ocupando unha praza, sobre a mesa.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2022 | Actualizada ás 10:10

Comparte esta noticia

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e os responsables do Sindicato de Enfermaría (Satse), mantiveron este xoves unha reunión para abordar a situación deste colectivo, nos que se comprometeron pasos este mesmo ano encamiñados a potenciar a estabilidade laboral deste colectivo.

Durante a reunión, desenvolvida, segundo explica a Xunta, "nun ton construtivo e de cordialidade", o titular da carteira sanitaria da Xunta trasladou aos representantes sindicais "o compromiso do Sergas por incrementar a estabilidade laboral e reducir ao máximo a temporalidade do persoal de enfermaría". Así, comprometeuse a "seguir potenciando os contratos de continuidade, dos que agora hai 88".

Na reunión, na que tamén participaron a directora xeral de Recursos Humanos do Sergas, Ana Comesaña; e o director xeral de Asistencia Sanitaria, Jorge Aboal; tamén se abordou a figura da enfermeira comunitaria. Así mesmo, o papel da enfermaría na atención hospitalaria e os detalles da próxima oferta de emprego público.

461 PRAZAS QUE SE OFERTARÁN A INTERINIDADES

Fontes se Satse consultadas por Europa Press ratificaron que, aínda que os representantes de Sanidade trasladaron a imposibilidade de aumentar as prazas da OPE prevista, si se ratificaron outros pasos como o concurso de méritos para "fixar" a quen leven máis de cinco anos ocupando unha praza.

Fontes da Xunta confirmaron este compromiso e lembraron que así o contempla a lei estatal para reducir a temporalidade. A aposta polas interinidades para que o persoal poida incorporarse á seguinte oferta de emprego público tamén estivo sobre a mesa. En concreto, fontes do departamento de Sanidade sinalaron que as prazas creadas nos orzamentos de 2022 son 461 e ofertaranse a interinidades ás listas .

Así mesmo, desde Satse apúntase que, igual que para quen leve máis de 5 anos usarase a vía do concurso de méritos, para quen leven polo menos tres anos e menos de cinco, porase en marcha outra OPE.

Reunión de SATSE con dirixentes do departamento de Sanidade.. XUNTA
Reunión de SATSE con dirixentes do departamento de Sanidade.. XUNTA | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta