Os contaxios de Covid redúcense por baixo dos 5.000 pero volven subir os casos activos

Redúcese a presión hospitalaria tanto en UCI como noutras unidades.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 04/02/2022 | Actualizada ás 12:23

Comparte esta noticia

Galicia reduciu nas últimas horas os contaxios diarios por baixo dos 5.000, tras dúas xornadas nas que roldaron os 6.000 casos novos, e tamén se suavizou levemente a presión hospitalaria, aínda que volveu a subir o número total de casos activos de Covid-19.
Segundo os datos publicados este venres pola Consellería de Sanidade, con información recollida ata as 18,00 horas do xoves, nas últimas horas rexistráronse 4.807 contaxios novos (1.079 menos que na xornada anterior) e todas as áreas sanitarias reduciron o ritmo de detección de novos casos.

Na área sanitaria de Vigo rexistráronse 1.309 contaxios nas últimas horas; na área da Coruña-Cee rexistráronse 963 contaxios novos; na área de Santiago-A Barbanza, son 919 os novos infectados; na área de Lugo, Monforte e A Mariña hai 489 casos novos; na área de Ourense, Verín e Barco de Valdeorras notificáronse 458 novos contaxios; na área de Pontevedra-O Salnés son 457 os novos casos; e na área de Ferrol detectáronse 212 contaxios máis.

Con respecto ao número total de persoas que actualmente teñen Covid en Galicia, a cifra creceu na última xornada ata os 62.141 casos activos (425 máis), e rexistráronse incrementos en todas as áreas, excepto Ourense, Pontevedra e Ferrol.

Así, á cabeza segue a área sanitaria de Vigo con 16.299 caos activos (248 máis), seguida pola área da Coruña con 13.452 (28 máis), e pola área sanitaria de Santiago, con 10.511 casos (246 máis). Na área sanitaria de Pontevedra hai 6.504 casos activos (72 menos), na de Lugo hai 6.429 casos (63 máis), na de Ourense hai 6.028 casos activos (75 menos) e na de Ferrol hai 2.918 casos (13 menos).

PRESIÓN HOSPITALARIA

Con respecto á presión hospitalaria, Galicia pasou de 681 pacientes con Covid ingresados a 668, dos que 41 están en Unidades de Coidados Intensivos (3 menos) e 627 en camas convencionais (10 menos).

Por áreas, a da Coruña mantén o maior número de enfermos graves, con 12 pacientes en coidados críticos, os mesmos que hai un día. Na área de Lugo hai 7 pacientes en UCI (un menos), na de Pontevedra hai 6 pacientes (un máis), nas de Santiago e Vigo baixou a 5 pacientes en coidados críticos cada unha (un menos en cada área), na área de Ourense hai 3 pacientes na UCI (un menos) e na área de Ferrol mantéñense 3 pacientes en UCI.

Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. SERGAS - Arquivo
Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. SERGAS - Arquivo | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta