Temas: PREZOS ITV

As tarifas da ITV en Galicia reduciranse un 1,42% para compensar o incremento do IPC

O servizo de inspeccións técnicas continuará en mans de SYC Applus ata 2027.

Por E.P. | Santiago de Compostela | 07/02/2022 | Actualizada ás 17:30

Comparte esta noticia

As tarifas da Inspección Técnica de Vehículos (ITV) baixarán un 1,42% para compensar o incremento do IPC despois do acordo alcanzado entre a Xunta e a empresa concesionaria do servizo en Galicia, SYC Applus+.

Imaxe de arquivo dunha estación de ITV
Imaxe de arquivo dunha estación de ITV | Fonte: Europa Press.

O pacto, do que informa este luns a Administración autonómica, deuse a coñecer este luns, xornada na que tamén transcendeu a continuidade de Applus+ como empresa concesionaria do servizo de ITV en Galicia ata finais do ano 2027.

Sobre o acordo para a redución de tarias, a Xunta detalla que está orientada a compensar o impacto da subida do 6,5% rexistrada no IPC ao peche do ano 2021.

Deste xeito, as tarifas para a ITV en turismos diésel queda fixada en 46,75 euros e para motocicletas en 34,54 euros. A Administración autonómica lembra que Galicia suma dous anos con baixadas nos prezos da ITV.

Na actualidade, existen 26 estacións fixas e dez unidades móbiles que suman 87 liñas de inspeccións capaces de realizar 1,8 millóns controles de vehículos ao ano.

Pola súa banda, Applus+ resaltou que investirá nunha maior capacidade da rede que absorba a crecente demanda, así como en tecnoloxía, para permitir un maior incremento da eficiencia do servizo e redución do impacto ambiental.

Galicia é un dos principais mercados do Grupo Applus+ no sector de ITV, con 53 millóns de euros de ingresos en 2021.

Temas: PREZOS ITV
Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta