Ence perde cartos en 2014

Este primer trimestre do ano perde 14 millóns euros. Achaca a situación á reforma eléctrica.

Por Galicia Confidencial | Pontevedra | 07/05/2014 | Actualizada ás 09:00

Comparte esta noticia

O grupo Ence pechou o primeiro trimestre do ano cunha perda neta de 14 millóns de euros fronte ao beneficio neto de 13 millóns do mesmo período de 2013. Unha situación que explica pola diminución das vendas en electricidade e as medidas da reforma eléctrica.

Imaxe da papeira de Ence na Ría de Pontevedra
Imaxe da papeira de Ence na Ría de Pontevedra | Fonte: ndignatepontevedra.wordpress.com

Desta situación tamén responsabiliza aos intermediarios da madeira --que xa anunciaron que farán folgas polo monopolio que intentar implantar esta empresa--. Así, explica as perdas tamén polo "anómalo comportamento" do mercado da madeira nos últimos trimestres ao producirse un transvasamento de compras duns 2 millóns de toneladas de Galicia con destino a Portugal, así como un movemento equivalente de Portugal a Galicia, "que beneficiou exclusivamente aos intermediarios e ocasionou o mencionado incremento de prezos", destaca

"Estes transvasamentos de madeira entre España e Portugal só benefician aos intermediarios, aumentando o prezo final da madeira polo transporte, en prexuízo de propietarios forestais e das fábricas de celulosa", engade nun comunicado.

Segundo comunicou a empresa á CNMV, o resultado operativo bruto foi de 9,6 millóns (un 78 % menos) afectado, xunto a eses baixos prezos e menor produción, polos impostos en enerxía, a nova proposta de retribución ás renovables e a coxeneración, así como da menor produción e vendas de celulosa.

As perdas de Ence

Os ingresos da empresa caeron un 21 %, até os 171,5 millóns: as de celulosa descenderon un 13 %, con 131,4 millóns; e as de enerxía, un 46 % até 35,2 millóns.

En electricidade, Ence explica que os prezos "anormalmente baixos" do mercado almacenista (pool) nos primeiros meses do ano levou a perdas ás súas instalacións de xeración con maior custo operativo, polo que tivo que limitar a produción nas horas de prezo máis reducido.

A empresa, que cifra en 5,1 millóns o impacto conxunto de prezos do pool e a redución de produción, prevé que a recuperación de prezos e a xestión activa das instalacións de xeración permítalle "compensar a súa caída de rendibilidade do trimestre".

Xunto a isto, lastrou o seu negocio eléctrico as novas propostas de retribución para a coxeneración e as renovables. En canto ás vendas de celulosa, di, o descenso débese á diminución da produción e volumes vendidos, así como á caída de prezos e depreciación do dólar. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Mariscadas con Fraga

Pois nada a seguir inzando o monte de alcolitros para que esta empresa vaia mellor http://www.lavozdegalicia.es/pontev...