A canteira do Depor pisa forte para volver levar o equipo coruñés ao máis alto

Queda eliminado da Youth League na quenda de penaltis tras perder contra o Dínamo de Kiev en Riazor.

Por Galicia Confidencial | Santiago de Compostela | 10/02/2022 | Actualizada ás 12:05

Comparte esta noticia

A sorte dos penaltis (2-2) non lle sorriu ao Deportivo e frustrou unha épica clasificación para os oitavos de final da liga de Campións xuvenil despois de quedarse con dez a falta de case unha hora para o final da eliminatoria a partido único co Dínamo de Kiev.

Os xogadores do Depor dando á volta de honra aplaudindo aos afeccionados despois de quedar eliminados na quenda de penaltis
Os xogadores do Depor dando á volta de honra aplaudindo aos afeccionados despois de quedar eliminados na quenda de penaltis | Fonte: Diario As

Os branquiazuis tiñan o encontro controlado e o marcador a favor cando sufriron a expulsión de Rubén López no minuto 37. Resistiron boa parte da segunda parte, pero encaixaron o gol que levou a eliminatoria aos penaltis no minuto 75 e desde os once metros fallaron tres lanzamentos.

Arroupados por máis de 20.000 afeccionados (segunda mellor entrada de toda a historia da competición), o Deportivo saíu a comerse ao rival e atopou aos tres minutos o primeiro gol nun saque de esquina que converteu Nájera no segundo pau aproveitando o desconcerto na área, onde os coruñeses protestaban un posible penalti sobre Yeremay.

A resposta dos ucraínos non se fixo esperar e o empate chegou da mesma forma, noutro córner que transformou Anton Tsarenko despois de que a defensa branquiazul non puidese despexar un remate de Diachuk ao poste.

O Deportivo foi ambicioso, monopolizou o balón e sacou rédito da presión alta aos 26 minutos cando Rubén López atacou unha cesión ao porteiro, rouboulle a carteira e anotou. O goleador pasou en dez minutos da alegría de marcar á desilusión dunha expulsion por dobre amarela. Ao seu equipo tocáballe tirar de épica porque quedaban case 55 minutos.

O Deportivo aguantou estoicamente. Pasou do "xogo bonito" ao repregamento e contivo ao seu rival no segundo tempo con algunha incursión ao área contraria, ata que Yatsyk, cun disparo con rosca desde a frontal, equilibrou o marcador a falta dun cuarto de hora.

Os ucraínos rozaron a remontada aos 82 minutos, pero Brais Suárez impediuno cunha gran intervención ante Popov e outro blocaxe a disparo de Bliznichenko (min.88). O Deportivo tivo que sufrir para chegar aos penaltis e nesa quenda tres xogadores blanquiazius fallaron e o equipo quedou eliminado.

FICHA TÉCNICA

2-Deportivo: Brais Suárez; Nacho Díaz (Teijo, m.85), Juan Rodríguez, Barcia, Mauro; Jairo, Rubén López; Mella (Diego Gómez, m.90), Nájera (Seydiba Mendes, m.46), Yeremay (Martín Ochoa, m.75) e Noel (Víctor Guerra, m.46).

2- Dínamo de Kiev: Denys, Tanchak, Filatov, Diachuk, Vivcharenko; Tsarenko, Yatsyk, Skeypnyk (El Khamlichi, m.64); Bliznichenko, Popov e Diallo.

Goles: 1-0, Min.3: Nájera. 1-1, Min.6: Tsarenko. 2-1, Min.26: Rubén López. 2-2, Min.75: Yatsyk.

Penaltis: 1-0: Ochoa. 1-1: Popov. 1-1 Víctor Guerra, fallo. 1-1: Diallo, fallo. 2-1: Diego Gómez. 2-2 El Khamlichi. 2-2 Barcia, fallo. 2-3 Vivcharenko. 2-3: Juan Rodríguez, fallo.

Árbitro: Antonio Nobre (POR): Expulsou a Rubén López, do Deportivo, por dobre amarilla (min.22 e min.26). Amonestou a Yatsyk, Diachuk e Popov do Dínamo; e a Juan Rodríguez e Brais Suárez do Deportivo

Incidencias: Eliminatoria a partido único para o acceso aos oitavos de final da Liga de Campións Xuvenil disputado no Estadio Abanca-Riazor ante 20.115 espectadores.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta