Por Galicia Confidencial | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 10/02/2022 | Actualizada ás 15:35
O pasado 11 de decembro tivo lugar unha gran mobilización contra o actual modelo de enerxía eólica de Galicia. Agora, Adega, en nome da Coordinadora "Eólica Así Non", conformada por máis de 170 colectivos de toda Galiza, veñen de facer público un vídeo que retrata o "enorme apoio e seguimento" que tiveron as mobilizacións fronte a "invasión eólica" celebradas ese día.
"Naquela xornada", apuntan, "máis de 5000 galegos e galegas, botámonos unha vez máis á rúa para reclamar unha moratoria eólica real no noso territorio. Volvemos incidir en que estamos a favor das enerxías renovábeis, pero rexeitamos o actual modelo eólico colonialista, depredador, antiecolóxico e antisocial. Volvemos dicir que necesitamos outro Plan Sectorial Eólico para Galiza e que as 'leis de depredación' están asoballando os dereitos da cidadanía e favorecendo ás promotoras eólicas".
Se tes problemas ou suxestións escribe a webmaster@galiciaconfidencial.com indicando: sistema operativo, navegador (e versións).
Agradecemos a túa colaboración.