Un total de 6.000 persoas están convocadas procesos selectivos de emprego público da Coruña e Vigo

Celébranse en 21 sedes provinciais no conxunto do Estado.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 11/02/2022 | Actualizada ás 18:20

Comparte esta noticia

A Delegación do Goberno informou de que 5.788 persoas están convocadas aos exames de procesos selectivos de emprego público da Coruña e Vigo. As probas, lembran nun comunicado, empezan ás 9,00 horas deste sábado en 141 aulas dos campus de Elviña, na Coruña, e de Lagoas Marcosende, en Vigo. As probas de Función Pública celébranse en 21 sedes provinciais no conxunto do Estado.

"O obxectivo das probas é atender as necesidades de persoal de Administración Pública. Están abertos once procesos selectivos para ingreso libre, acceso por promoción interna e estabilización de emprego temporal en Corpos e Escalas da Administración Xeral do Estado", destacan.

En Galicia son 3.610 as persoas convocadas nas 94 aulas do campus de Elviña, na Coruña, distribuídas en cinco facultades con 320 persoas despregadas pola Administración para o desenvolvemento das probas. Doutra banda, son 2.718 as convocadas nas 47 aulas de cinco facultades do campus de Lagoas Marcosende, con 120 persoas en tarefas de organización.

As 5.788 citadas en Galicia están englobadas nas 98.271 do conxunto do Estado, que teñen as súas probas ao mesmo tempo e aspiran a 6.739 prazas en global. Delas, 437 están reservadas para persoas con discapacidade xeral e 171 para discapacidade intelectual.

En concreto, trátase de prazas dos seguintes Corpos ou Escalas: Corpo de Xestión da Administración Civil do Estado (promoción interna, ingreso libre e estabilización de emprego temporal); Corpo de Xestión de Sistemas e Informática da Administración do Estado (ingreso libre e promoción interna); Escala de Xestión de Organismos Autónomos (estabilización de emprego temporal); Corpo Xeral Administrativo da Administración do Estado (ingreso libre e estabilización de emprego temporal); e Corpo Xeral Auxiliar de laAdministración do Estado (promoción interna, ingreso libre e estabilización de emprego temporal).

Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela
Oposicións á Xunta no recinto de Amio, en Santiago de Compostela | Fonte: XUNTA.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta