O grupo de cantareiras fillas da emigración 'Ialma' volta a Galicia para homenaxear a Rosalía de Castro

Estarán entre o día 23 e 27 de febreiro enpara homenaxear distintos escenarios galegos ofrecendo unha música "de raíz" cunha "ollada futurista".

Por Galicia Confidencial | A CORUÑA | 15/02/2022 | Actualizada ás 22:15

Comparte esta noticia

Loitadoras e concienciadas coa esencia máis tradicional, a contemporaneidade e a fusión entre culturas. Así se se definen as catro cantareiras fillas da emigración galega nacidas en Bruxelas que c onforman o grupo internacional belga  'Ialma', unha banda que leva 20 anos percorrendo os mellores festivais de folk, de raíz, de fusión e divulgación, reflectindo a súa propia historia "e a de tantos emigrantes". Agora voltan a Galicia e fanno para homenaxear a Rosalía de Castro porque "ao igual que a ilustre galega, Ialma é un horizonte de esperanza que ama a música, a poesía, a danza e a xente".

O grupo de cantareiras belga Ialma regresa a Galicia.
O grupo de cantareiras belga Ialma regresa a Galicia.

Así, o grupo de cantareiras actuará entre o 23 e o 27 de febreiro en Galicia en distintos escenarios. Participará nas 'Galas de  Rosalía' que se celebrarán en Vigo (o 24 de febreiro) e en Pontevedra (o día 23) e nunha homenaxe a Rosalía en Vilalba (o día 25). Tamén estarán nos concertos do 'Camiño' en As Pontes (día 26) e no Rosal (o 27). Ademais, as cantareiras participarán nunha foliada o día 22 na Gramola, en Santiago, "porque gostamos dos encontros cos músicos de Galicia". "Para nós é sempre un agasallo, alegría e vida conectar coa nosa xente", afirman.

'Ialma', xa que logo, volta Galicia con sete discos no mercado e faino con "cancións do exilio, con alento cheo de diversidade en forma de cantareiras": cunha música de raíz galega pero cunha ollada "futurista", adaptada aos novos tempos "tanto en temática como en ritmo".

O grupo internacional belga pasou por escenarios como o de Ortigueira ou Castrelos e tamén por Canadá, Taiwán, Marrocos ou mesmo Eurovisión (a través dunha das súas compoñentes, Verónica  Codesal). Teñen colaborado con artistas moi recoñecidos do panorma musical coma Mercedes Peón, Carlos Núñez, Xurxo Fernandes, Kiko Veneno,  A Filleta ou Kepa Junquera. Agora, entre os días 23 e 27 deste mes, ofrecerán unha proposta na que conviven temas "profundos e sentimentais" con outros máis "festivos e bailables" que renderán homenaxe á gran poeta galega. 

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta