A cinta 'Valentina', entre a polémica dos impagos e a reivindicación igualitaria

Dous dos actores de dobraxe padecen síndrome de Down, ao igual que a protagonista da historia. As denuncias por impagos no marco da produción empaña a mensaxe igualitaria do filme.

Por Europa Press / Redacción | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 15/02/2022 | Actualizada ás 14:39

Comparte esta noticia

Pepa Lockhart e Lucía Serén demostraron co seu traballo na película 'Valentina', premiada co galardón a mellor filme de animación nos Goya, que non existen os "límites" para o colectivo de persoas con síndrome de Down. A santiaguesa e a luguesa, que forman parte da Federación Down Galicia, son a voz de Valentina na versión en castelán e galego, respectivamente, da película, que conta a historia dunha nena con síndrome de Down que soña con ser trapecista.

Este martes, a conselleira de Política Social, Fabiola García, visitou as instalacións de Down Galicia en Santiago para trasladar en persoa as felicitacións en nome da Xunta a Pepa Lockhart e a Lucía Serén, ausente no acto por atoparse na súa cidade, Lugo. Alí, a responsable do Goberno galego mostrou o seu agradecemento a Pepa e a Lucía por "darlle voz a Valentina pero, sobre todo, por darlle voz a todas as persoas con discapacidade".

García resaltou que a película constitúe "unha oda á plena inclusión" e supón unha gran ferramenta para avanzar na sensibilización e a concienciación dos máis pequenos sobre as persoas con discapacidade. Así, mostrou a disposición da Administración autonómica a continuar prestando apoio ás entidades que, como Down Galicia, traballan a diario para avanzar cara á plena inclusión. Non fixo mención a consellería García ás denuncias contra a directora do filme, Chelo Loureiro, á que os seus traballadores acusan de non ter realizado a dirección da que logo fixo gala e deixar facturas impagadas; acusacións que a directora nega.

A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto a Pepa Lockhart, voz en castelán da protagonista da película 'Valentina', e o presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto. XUNTA
A conselleira de Política Social, Fabiola García, xunto a Pepa Lockhart, voz en castelán da protagonista da película 'Valentina', e o presidente da Federación Down Galicia, Delmiro Prieto. XUNTA | Fonte: Europa Press

ACUSACIÓNS DOS TRABALLADORES

Nas horas previas á emisión da gala dos Goya, os traballadores do filme advirtiron que Loureiro se atribuíra unha dirección cinematográfica non realizada, sendo as súas únicas contribucións á metraxe a coelaboración do guión, dar voz a unha personaxe e exercer a produción executiva. Por iso, os asinantes da denuncia compartida en redes aseguraron que Loureiro "está tentando substraer un dereito intelectual e de autoría que non lle corresponde". Neste aspecto, aseguraron que a muller "modificou os títulos de crédito" para arrogarse méritos non desenvoltos.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta