Galicia segue sumando inmunizados tras poñer outras 1.400 doses nunha soa xornada

O 90'5% da poboación conta xa coa pauta completa.

Por E.P. | SANTIAGO DE COMPOSTELA | 16/02/2022 | Actualizada ás 12:03

Comparte esta noticia

Galicia continúa co proceso de vacinación contra a Covid-19 coa administración doutras 1.439 doses, das cales 441 foron para completar pautas, polo que ascende ao 90,53% a poboación co proceso finalizado na Comunidade galega.

Segundo os datos actualizados pola Consellería este mércores no 'Cronómetro de Vacinación' con datos solicitados ata as 18,00 horas do martes, recollidos por Europa Press, aumentan a 6.504.113 as doses administradas contra a Covid-19 despois de ser postas outras 1.439 na xornada pasada.

Desas 1.439 doses, un total de 441 foron para completar pautas, o que sitúa en 2.444.532 as persoas co proceso finalizado no conxunto da Comunidade galega, o que supón o 90,53 por cento da súa poboación. Por grupos de poboación, por vulnerabilidade, hai 17.641 cidadáns de alto risco coa pauta completa; 16.327 dependentes non institucionalizados e 27.710 institucionalizados. Pola súa banda, 2.262.252 terminaron o proceso chamados pola súa idade.

Por probabilidade de exposición, 76.311 profesionais do ámbito sanitario teñen pauta completa, 28.781 do sociosanitario e 14.775 traballadores de actividades consideradas esenciais tamén a recibiron.

VACINACIÓN INFANTIL

No relativo ao proceso de vacinación infantil --os datos de Sanidade non separan o grupo etario principal da poboación pediátrica en fase de inmunización de 5 a 11 anos-- foron vacinados ata a data 117.103 menores de 10 a 14 anos de idade e 84.447 de 5 a 9 anos.

Segundo os últimos datos actualizados polo Ministerio de Sanidade este pasado martes 15 de febreiro con respecto ás doses administradas ata o día 14, Galicia vacinou a 126.534 menores de entre cinco e 11 anos con polo menos unha dose, dun total de 153.059 de poboación diana, o que representa o 82,7 por cento, fronte á media estatal do 56,4%. O proceso de inmunización continúa esta semana en Galicia con repescas de terceiras doses, con vacinación libre e coa administración da segunda dose pediátrica a menores de 11 a cinco anos.

Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press
Entrada do recinto feiral Expourense, onde se vacúa contra a Covid-19.. Rosa Veiga - Europa Press | Fonte: Europa Press

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta