Santiago de Compostela será capital da Economía Social 2022

A ministra Yolanda Díaz destaca o papel da economía social en España, que xera un 10% do PIB: "Foron exemplares na pandemia".

Por E.P. | Santiago de Compostela | 18/02/2022 | Actualizada ás 16:55

Comparte esta noticia

A ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, clausurou este 18 de febreiro a constitución do Consello Estatal para o Fomento da Economía Social, que non se reunía desde 2010, un evento no que destacou o papel da ecomomía social en España, que xera un 10% do PIB. "Foron exemplares na pandemia", destacou no acto no que se deu a coñecer que Santiago de Compostela será capital da Economía Social 2022.

A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, clausura o Consello Estatal de Fomento da Economía Social
A vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Traballo e Economía Social, Yolanda Díaz, clausura o Consello Estatal de Fomento da Economía Social | Fonte: Goberno de España.

"Hoxe podemos dicir que temos un Consello reitor da economía social moderno e propio do século XXI no noso país", destacou a ministra en declaracións previas á clausura do acto, realizado na sede do seu ministerio.

"A economía social no noso país supón o dez por cento do PIB. Afecta a máis de 42.000 empresas en toda España, a máis de dous millóns de traballadores e traballadoras. É unha economía especialmente humana", aseverou a ministra.

Neste sentido, subliñou que "en todas as crises, a economía social, lonxe de despedir aos traballadores, os concita e mantenos de forma especial". "Foron especialmente exemplares nestes anos de pandemia e, por tanto, hoxe faime especial ilusión clausurar esta reunión", engadiu.

A ministra tamén avanzou que falou "á primeira hora" da mañá co alcalde de Santiago Compostela con Xosé Sánchez Bugallo, así como co presidente da Xunta de Galicia, a quen anunciou que a capitalidade española da Economía Social recaerá en Santiago este ano.

"Creo que é moi importante. Os traballos que fixemos este pasado ano, tanto en Teruel como anticipadamente en Toledo, foron de enorme transcendencia", dixo a ministra.

Comparte esta noticia
¿Gústache esta noticia?
Colabora para que sexan moitas máis activando GCplus
Que é GC plus? Achegas    icona Paypal icona VISA
Comenta
Comentarios 1 comentario

1 Gamela

Para ser tan importante a Economía Social non se mira absolutamente nada de nada... Unha cousa é ter una ONG e outra ben distinta é que sirva para algo... 42.000 Empresas !!!